Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Outro verán triste

San Sadurniño, 1926

Sen dúbida este tamén foi un verán difícil para a Duquesa da Conquista porque Rosalía Arias-Dávila, marquesa de Almaguer falecía en Madrid o 27 de maio de 1926 na casa da rúa San Bernardo que ambas compartían. Rosalía, ademais de cuñada, era súa mellor amiga, confidente e cómplice; foi sempre unha asidua veraneante de San Sadurniño dende 1902. A raíña María Cristina e a Infanta Isabel acudiron persoalmente a presentar as súas condolencias. Aínda non reposta da perda do seu home en 1922, Natividad Quindós, que xa ten 65 anos estase a quedar sen referentes persoais e o seu único refuxio a partires de agora será a práctica relixiosa.
A finais de xullo a prensa galega anuncia profusamente a inminente chegada do Príncipe de Asturias a Ferrol e San Sadurniño, mais por motivos de saúde do Príncipe Alfonso, a viaxe tivo que suspendérense. A Marquesa decidiu facer unha longa viaxe por Italia.De todos os xeitos durante o verán, a marquesa exerceu o dereito de representación, un privilexio do antigo réxime, que lle permitía escoller os curas das parroquias da súa xurisdición. Nesta ocasión será na parroquia de San Félix de Esteiro e Santiago de Pantín.(Ver imaxes relacionadas).

  • Outro verán triste

  • Presentación cura de San Felix de Esteiro. El Progreso (4/7/1926)

  • Presentación cura de Santiago de Pantín Ideal Gallego (6/10/1926)

  • Ao fresco do Xuvia

  • Pazo valeiro (La Ilustración Mundial, 1926)

  • Morte da marquesa de Almaguer

  • Esquela da Marquesa de Almaguer en "El correo gallego"

load

Documentos:

Necrolóxica do ABC da Marquesa de Almaguer
A morte en maio da Marquesa de Almaguer foi publicada en xullo. (Correo de Galicia, 4-7-1926)

Comentarios

Máis imaxes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: