Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os VII, VIII e IX Señores de San Sadurniño

O Casal, San Sadurniño, 1652

Os VII, VIII e IX Señores de San Sadurniño (1652-1682)
Os tres irmáns- Diego, Bernardino e José- eran fillos de Pedro de Andrade e Francisca de Pardo y Figueroa, VI Señores de San Sadurniño, mais a desgraza fixo que os tres foran morrendo un tras outro en breve tempo e sen sucesión. O morgado de San Sadurniño vive nestes anos (1653-1682) a súa etapa mais complicada; en realidade semella unha réplica a pequena escala da decadente corte dos Austrias, onde o Reino de España vive tamén horas incertas pola imposibilidade de Carlos II de acadar un herdeiro para a monarquía hispánica, o que desencadeará a terríbel Guerra de Sucesión Española. Felizmente con Francisca -a cuarta irmá que herda o Señorío de San Sadurniño en 1682 - estabilizarase a dinastía e afiánzase definitivamente o morgado creado por Fernando de Andrade, nomeadamente a partires de 1688, cando Carlos II outorga o título de marquesado aos X Señores de San Sadurniño.

Estes son os VII, VIII, IX e X Señores de San Sadurniño:
1.-D. DIEGO DE ANDRADE e PARDO FIGUEROA, VII SEÑOR DE SAN SADURNIÑO.(1652-1665)
Como primoxénito herdou o morgado á morte do seu pai Pedro de Andrade. Nacera en 1636, mais faleceu en agosto de 1664 en Bezanzos aos 28 anos, solteiro e sen sucesión, polo que o título pasou ao seu irmán Bernardino. Foi enterrado na Igrexa de San Sadurniño.

2.-D. BERNARDINO DE ANDRADE e PARDO FIGUEROA, VIII SEÑOR DE SAN SADURNIÑO. (1665-1680)
Sucesor do seu irmán maior, nacera en 1644 mais finou tamén solteiro en Santiago arredor de 1680, aínda que os seus osos soterráronse na capela maior do Convento. Non tivo descendentes, polo que os dereitos do Señorío pasaron ao seu irmán José. Mais, ou parecer, tivo un fillo natural que marchou para as "Indias". Consérvase documentación que permite reconstruir o ritual da súa toma de posesión no 1665 con 21 anos.

3.-D. JOSÉ DE ANDRADE e PARDO FIGUEROA, IX SEÑOR DE SAN SADURNIÑO. (1680-1682)
Á altura de 1672 era estudante na Universidade de Salamanca. Casou con Dª Catalina de Tapia, mais tamén morreu prematuramente en San Sadurniño en febreiro de 1682 sin fillos, dous anos despois de herdar o título, polo que o Señorío de San Sadurniño pasou á súa irmá Dª Francisca Ventura de Andrade e Pardo de Figueroa.

4.-Dª. FRANCISCA VENTURA DE ANDRADE e PARDO DE FIGUEROA, X SEÑORA E I MARQUESA DE SAN SADURNIÑO
Casou co rico vinculeiro ourensán D. Pedro Álvarez de Reynoso y Argiz. D. Pedro e Dª Francisca obtiveron Real Carta co título do Marquesado de San Sadurniño e Vizcondado de Cerdido o 12 de decembro de 1688. Có título e e a fortuna de D. Pedro, ao fin os señores de San Sadurniño- agora marqueses- garántese a continuidade do Señorío de San Sadurniño no seu fillo, Pedro Francisco Álvarez de Reynoso y Andrade, 2º Marqués de san Sadurniño..
Na fotografía, capela do altar maior do Convento do Rosario, onde foron soterrados todos os señores de San Sadurniño.

Os VII, VIII e IX Señores de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño

Compartir en: