Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os Marqueses de San Sadurniño e o Papa Pío X

Roma, 1908

En 1908 a moi católica Marquesa de San Sadurniño, vivirá unha xornada inesquecíbel.
O día 14 de novembro de 1908 o Papa Pío X recibe aos Duques da Conquista en audiencia privada no Vaticano. Xa a recibira en 1902, mais ista é unha ocasión especial. O acontecemento prodúcese co galo dos actos conmemorativos do Xubileu do Papa ao que asistirán representacións de numerosos países do mundo. O Rei Alfonso XIII decide que sexa Francisco de Asís, Marqués de San Sadurniño, Duque da Conquista e o político conservador Gabriel Maura os que representen a monarquía española no evento.
O día 14 de novembro será un gran día de gloria para o Duque da Conquista consorte, quen lerá diante do Papa a mensaxe de felicitación da familia real española. Ao remate do acto, Pío X recibe en audiencia privada aos Duques da Conquista e Marqueses de San Sadurniño. O diario “El eco de Galicia” da conta dos actos celebrados nese día pola delegación española, presidida polo Duque, que podes descargar en Documentos.
Quizais fora o momento nos que os moi monárquicos, conservadores e católicos Natividad Quindós e Francisco de Asís, matinen poñer en marcha toda unha serie de iniciativas de promoción e propaganda da fe católica. De feito, nos vindeiros anos os Duques da Conquista amosarán dabondo o seu compromiso confesional en numerosas actividades por toda España, mais tamén en Galicia: doazón do Pazo de Baltar aos claretianos (1910); primeira pedra da Virxe da Rocha (1910); as festas infantís no Pazo (1911), anfitrións do Nuncio do Papa (1915); Monumento ao Sagrado Corazón no Cerro de los Ángeles e nos xardíns do Pazo (1919-1920), restauración da igrexa de San Sadurniño (1927), creación do colexio-residencia das monxas (1929) ou cesión do Pazo da Marquesa á Congregación de Cristo Rey (1953), entre outras moitas achegas a todas as iniciativas de carácter relixioso, grandes ou pequenas, que se celebraban na contorna de San Sadurniño. Na Imaxe, o Papa Pio X (1835-1914)

  • Os Marqueses de San Sadurniño e o Papa Pío X

  • Portada da Revista "Actualidades" con información do ano xubilar de "Pio X"

load

Documentos:

Os marqueses e o Papa Pío X

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, outros lugares

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: