Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Prospes, San Sadurniño, 1971
María Romero fálanos dos inicios da empresa familiar Granxa Romero fundada en 1966 por Amando Romero. Dende os seus inicios apostou pola inversión en toda a cadea de valor do leite.e foi a primeira explotación de leite fresca certificada en toda Galicia.
Envasa e distribúe o "Leite Certificado Bohal".
Os primeiros meses, a produción leiteira comercializábase co nome orixinal da marca, ROCAS (Romero Castrillón), mais por unha denuncia tramitada dende Sevilla, vironse obrigados a cambiala. Dende Madrid , decidiuse poñer a marca BOAL que lles cedera o traballador ministerial, Valentín Gonzaléz Romero. Mais como o nome da marca coincidía cun pobo asturiano, víronse obrigados a intercalarlle un h e quedou BOHAL.
2014-01-24 16:08:55
Canto me gustou volverte a escoitar, María. Traballo deuche pero na foto estás guapísima. Un biquiño.
Temas: animais, empresas agrogandeiras, coches, emprendedor@s, gandeiría, labregos e labregas, San Sadurniño (parroquia), muller, traballos
Autor/a: María Romero Castrillón