Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os décimos en Santa Mariña

Monte, 1972

Os décimos eran unha especie de impostos que todas as familias labregas estaban obrigadas a pagar anualmente para o sostemento económico da Igrexa. Comprendían a décima parte dos froitos que proviñan dos "campos, prados, viñas, árbores e animais". Abonábanse en días sinalados nos adros das igrexas e quen non pagase podía ser condenado á excomunión e ostracismo social. Entrou en vigor no século VI e a vella costume mantívose ata a lexislación liberal de 1837 no que foi substituída pola "contribución ao culto e clero" e no 1847 abolida definitivamente. Porén en moitas aldeas galegas seguiuse con ese imposto secular "pagando décimos conforme o costume". Neste divertido relato, o grande Ramón Díaz Raña acredita a pervivencia dos "décimos" en Santa Mariña do Monte a comezos de década de 1970, baixo o nome de enxemina. E de paso volvemos a ter novas das portentosas augas milagreiras de Cornide

A historia comeza así:
"Por aqueles días, cando eu andaba envolto e revolto entre vellas escrituras para preparar a declaración dos propietarios para a Concentración Parcelaria, chegaba o tempo litúrxico da Páscoa. O cura anterior recollía os “décimos”, como estaba mandado desde o Antigo Testamento. Manuel de Antón, gran colaborador da igrexa, dicíame un día si e outro tamén que avisara á xente para que me levaran o froito. (Creo que lle chamaban a enxemina). Eu retorcíame; daba largas; non era capaz diso. Parecíame algo inxusto e pasado de moda; sen razón de ser. Pero todo ten amaño. Neste caso foi unha desgraza a que me ofreceu a solución para saír do enredo.
Manolo de Redondo estaba moi enfermo. Os médicos recomendaban levalo a Barcelona para consultar co Dr. Puigvert no Hospital de “Sta. Creu i Sant Pau”.(Urólogo famoso que no 1988 morreu aos 83 anos ao inxerir por error auga con mercurio, un preparado que facía para lavarse os pes!! Qué listos son os sabios!). Pero non había cartos. Daquela ilumináronse as neuronas e, como digo, por mor dunha desgraza, vin o ceo aberto. Díxenlle a freguesía que o que ían dar para o Cura llo deran a Maruxa, a muller de Redondo. Así foi. Arranxados os papeis, saímos os tres en avión para Barcelona.
.
Seguir lendo a historia completa..

Na ilustración, igrexa parroquial de Santa Mariña do Monte na década de 1970.

Os décimos en Santa Mariña

Documentos:

Os décimos en Santa Mariña do Monte

Comentarios

Máis imaxes

Temas: fontes, labregos e labregas, Santa Mariña do Monte

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: