Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San sadurniño, 1912
Ignoramos si aconteceu algunha nova salientábel no Pazo de San Sadurniño no verán de 1912. Mais supoñemos as rutinas "aristocráticas" de anos anteriores: paseos, tenis, tertulias, lecturas, misas... e pouco mais. Arredor do 8 de xullo chegaron Natividad Quindós e o seu marido xunto coa indispensábel marquesa de Almaguer, irmá do Duque, “para pasar a temporada de verán”.
Algúns dos visitantes que pasearon pola fraga e percorreron as estancias da “señorial mansión” de San Sadurniño, serán membros moi destacados da aristocracia galega: a riquísima Lucía Ozores y Ramírez de Saavedra, Condesa de Maceda e a filla Beatriz Losada y Ozores, Vizcondesa de Fefiñanes. O seu marido era Baltasar de Losada e Torres, Conde de San Román, Conde de Maceda, Vizconde de Fefiñanes, Grande de España e senador vitalicio. Este poderoso aristócrata e político conservador visitou o pazo dos Marqueses moitos veráns ata a súa morte en 1935. A gran amizade cos Duques da Conquista quizais garde relación co agasallo de 96 perdices por parte de Alfonso XIII a comezos de 1912 ou os 12 cervos de 1904, posto que o Conde de Maceda era, ademais, Primeiro Monteiro do Rei.
Temas: visitantes, San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa, animais
Autor/a: Manuel González Álvarez
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño