Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

"Onde me leven"

San Sadurniño, 2025

9ª Chanfaina Lab (24). Estrea: venres 23 de maio do 2025
Dirección:"The Sungirls" (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo)
Colaboración: Cruz Piñón
Duración: 3' 45"
Sinopse: "A peza é un pequeno experimento que xa levábamos cociñando varios anos. Tiñamos ganas de facer algo cos pés, porque sempre son os esquecidos".
Gravado no concello de San Sadurniño, dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga Vigo son tres amigas que teñen en común a paixón pola música e o cinema. Olga e Graciela son primas e naturais de Ferrol. Ambas licenciadas en música e piano, traballan como profesoras de música e audiovisual no mesmo instituto, o IES Trasancos de Narón, no que Graciela ademais é a súa directora. Mónica Cibreiro é veciña de Santa Mariña do Monte, traballa no Concello de San Sadurniño e tamén desenvolve o seu lado artístico mediante técnicas de decoracións de repostería, afección que a levou a realizar obradoiros para a veciñanza do concello en "Tempos para compartir". No verán de 2017 as tres amigas decidiron formar un grupo de creación audiovisual co obxectivo explícito de "pasar o rato e divertirnos". O grupo denomínase "The sungirls" e o seu lema, «Somos chicas buenas, a veces». O seu primeiro vídeo "El taquillazo" tivo un éxito inesperado nas redes sociais e animounas a seguir nunha aventura creativa, na que pensan continuar "ata que deixe de ser divertida". Na Chanfainalab 2017 sorprendéronos coa vitalista curta "360º en cores" e xa non deixaron de participar ano a ano cos videoclips corais “Non teño dono" (2018), "Que pasou ?" (2019) e "Feminino" (2022).

The Sungirls asisten as actividades que poden para compaxinalas co seu traballo. O seu punto forte son os traballos colectivos, onde participa boa parte da veciñanza feminina do concello. Pezas nas combinan imaxe e música de autoría propia cunha nidia mensaxe de empoderamento feminino:
"A idea da peza xa a levamos pensando hai tempo, pero ao cabo sempre a descartábamos. Foi Cruz Piñón a que nos animou a darlle protagonismo aos pés; tamén algunhas películas de Tarantino que dan protagonismo aos pés, foron fontes de inspiración. De feito, a primeira secuencia pretende "imitar" unha escena dun filme do director americano. A música fixémola con Suno, a letra foi de creación nosa e despois Olga ofreceuse a cantala, polo que a voz da canción é a súa".

"Onde me leven" segue o ronsel dos traballos anteriores das nosas "Rapazas do sol" , case co feitío dun poema visual ou un videoclip. Nesta ocasión os protagonistas son os pés cos que camiñamos polas corredoiras da vida e conducen, a veces, a destinos non previstos: "Pareceunos interesante gravar como é o paso do tempo a través dos pés e como imos tomando consciencia de nós mesmos a través dos pasos que damos no camiño da vida, por iso queríamos que apareceran nenos e anciáns. Por outra banda simbolizan o soporte da nosa vida, os pés nos sosteñen e nos guían". Na curta invócanse conceptos amados pola Chanfainalab como a liberdade e o poder que ten cada un para decidir o seu camiño, usando como metáfora imaxes de pés que andan, pés que descansan e pés que, en definitiva, cargan coas experiencias da vida. Como en edicións anteriores, coidamos que esta peza é un magnífico colofón do noso encontro de cineastas, que nos deixa camiñando cara a X edición da Chanfainalab. Alá vémonos axiña, en setembro do 2025.¡
Fotografías César Galdo

  • "Onde me leven"

  • The Sungirls

  • Olga Vigo e Mónica Cibreiro na Eira de cineastas da 9º Chanfainalab

  • The Sungirls na Eira de cineastas da 9ª Chanfainalab

  • The Sungirls entre o público na Eira de cineastas da 9ª Chanfainalab

  • The Sungirls recollendo a Lola Chanfaineira da 9ª Chanfainalab

  • Graciela Galdo saudando na Gala da 9ª Chanfainalab

  • The Sun girls entre o público da 9ª Chanfainalab

  • The Sun girls entre cineastas da 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: cancións, creador@s, lecer, muller, música, paseos, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: The Sungirls

Vídeos:
Canle de video de The Sungirls

Compartir en: