Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

Onde Cristo falou con Rosa

Ferreira, Igrexafeita, Monte e San Sadurniño, 2026

10ª Chanfaina Lab (10). Estrea: 24 de abril do 2026
Director: Pablo Fontenla
Duracion: 05' 08"
Sinopse: Rosa sae da súa casa decidida a facer a compra despois de case unha semana sen aparecer polo pobo. A súa felicidade nunca irá a menos pase o que lle pase na vida.
Equipo artístico: Pilar Pouso, Isabel Hermida, Rosa Paredes, Pascual Folgado, Irene Ávila, Carlos Amil, Brianda García, Gon Caride, Kevin Lorenzo, Fran da Lobeira
Equipo técnico:
Alberto Hortas - Dirección de Arte e modelado escultura
Marcos Budiño - Dirección de Fotografía
Emilio Carral - Edición
Postproducción de Son - Alberto Blanco
Dirección de Producción - Ángela Arnosa e Kevin Lorenzo
Etalonaxe - Alfonso Merino (Alfonsin Digital Lab)
Créditos - Jesús Ferrer
Producción Executiva - ChanfainaLAb X, Águeda Penedo
Gravado nas parroquias de Ferreira, Igrexafeita Monte e San Sadurniño, dentro do programa da 10ª Chanfainalab

Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab



PABLO FONTENLA (Vigo, 1979). Na súa carreira, ligada dende hai 20 anos ao sector audiovisual, traballou en multitude de proxectos como director freelance, director de fotografía, produtor, guionista e produtor executivo. Nesta primeira faceta destacamos a internacionalmente premiada “Helsinki79” (2019) ou “Canillejas” (2013), primeira webserie de época en Europa. En 2017 funda Luou City Producións como produtora de creación e desenvolvemento de contidos audiovisuais, guión e composición musical. Estivo nomeado aos premios da Academia Audiovisual de Galicia (Mestre Mateo) nas categorías de mellor produción, fotografía, documental, curtametraxe, programa e mellor videoclip. En 2021 FORBES incluíuno na listaxe das 50 persoas con máis talento do panorama nacional. Actualmente atópase na fase de desenvolvemento do guión da súa primeira longametraxe.

Quería analizar a finalización dunha relación matrimonial de décadas nunha zona rural na que o humor negro estivara presente desde o primeiro momento. A necesidade do atrezzo estrela para a consecución do efecto final sorpresa foi a maior dificultade xa que non tería sentido sen unha aproximación hiperrealista. A xente que se atopa desde a casa ata a tenda foi froito da improvisación no propio día da rodaxe así como case todas as localizacións. No caso do cruceiro, si que estaba marcado por guión o diálogo co que para Rosa é a voz que fala no seu interior, a de un expresidente da Xunta de Galicia. Aproveitamos previamente unha caída real en rodaxe da actriz (e os xeos necesarios para que a súa inflamación de nocello non fose a máis) para facer unha animación en 3D no que puidesemos explorar o mundo interior da protagonista. O traballo de postproducción de son, así como o deseño da BSO foron esenciais para dotar de maior corpo e calidade técnica o resultado final. O traballo de etalonaxe quere representar unha rodaxe cun filme de 16mm nun claro homenaxe as produccións de serie B dos anos 70.


  • Onde Cristo falou con Rosa

  • Cartel Onde Cristo falou con Rosa

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cruceiros, muller, San Sadurniño (parroquia), vídeos, Santa Mariña do Monte, Igrexafeita, Ferreira

Autor/a: Pablo Fontenla

Compartir en: