Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

O xeneral Azcárraga en San Sadurniño

San Sadurniño, 1903

Casi no remate da temporada estival de 1903, o día 7 de setembro achegouse ata as posesións dos Marqueses de San Sadurniño o prestixioso xeneral Marcelo Azcárraga , varias veces Ministro da Guerra e Xefe de Goberno da Raiña Rexente María Cristina. Era un dos líderes máis prominentes e referentes do Partido Conservador despois da morte de Cánovas del Castillo. Ao ano seguinte (1904) volverá a ser designado Xefe do Goberno co Rei Alfonso XIII. O xeneral visitou as instalacións militares de Ferrol, e pola tarde foi recibido polo alcalde Antonio Cibreiro nos límites de San Sadurniño e todos foron a merendar no Pazo e xardíns dos marqueses, visita que lle agradou especialmente á Natividad Quindós pola grande amizade que tiña o vello xeral co seu pai. Na fotografía aparece rodeado da comitiva oficial -entre os que están os industriais de Narón Francisco, Antonio e Waldo, o enxenieiro de minas Sr Sandino os sobriños do xeneral, así como outros ilustres invitados como o Marqués de Elduayen e a Condesa de Fontao. A Marquesa aproveitou a ocasión para "obsequiar con juguetes y dulces a todos los niños pobres de la comarca"

  • O xeneral Azcárraga en San Sadurniño

  • O xeneral Azcárraga

load

Documentos:

Visita do xeneral Azcárraga (Voz de Galicia 11 de setembro de 1903)
Visita do xeneral Azcárraga (Correo gallego 8 de setembro de 1903)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: nenos e nenas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: