Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

"O terror" de Naraío

Fontela, Naraío, 1959

Eugenio Romeu Carballo, nado no lugar da Fontela (Naraío), envíanos esta fotografía na que aparece o camión propiedade da empresa "Madeiras Soto", ao que chamaban "o terror", polo estrondo que facía o seu motor Diésel.
A empresa era propiedade de Soto da Fontela, coñecido polo alcume de "o padriño" e transportaba madeira do monte á "serra" que era o nome como denominaba a xente ao serradoiro.
Na foto aparece o seu pai, Eugenio Romero Soto, -co pantalón de peto-, e que corría por "Eugenio de Vinculeiro", nado no lugar de Correlo en Naraío e casado con Rosa Carballo da Fontela. Tamén aparecen José da Lameira -sentado no chan- e Jesús da Fontela apoiado de pé no camión.
O home que está sentado no camión, é Manuel Meizoso García.


  • "O terror" de Naraío

  • O "terror" de Naraío con Eugenio, Joseiño e Jesús

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: coches, empresas da madeira, familias, Naraío, tecnoloxía, traballos, xente

Autor/a: Eugenio Romeu Carballo

Compartir en: