Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"O seixo sentido"

Naraío, 2024

8ª Chanfaina Lab (26). Estrea: venres 17 de maio do 2024
Guión, cámara, dirección e montaxe: Noa Cortizas e Suevia Fernández
Actor: Darío Fernández Lanza
Música: Aula de música tradicional do CMus Xan Viaño
Coa colaboración de Iago Lourido e Joám Cortizas.
Sinopse: "A procura de inspiración dun pintor non atopa acomodo. Canto máis a procuras menos te das conta de que está ao teu carón."
Duración: 5’ 44’’
Gravado nos arredores do Castelo de Naraío dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Noa Cortizas Fernández, (Ferrol, 2005) estudou Bacharelato de artes e estudia piano no Conservatorio de Música. É unha apaixonada da arte; música, pintura, teatro e audiovisuais, polo que este ano animouse a participar na Chanfainalab coa súa compañeira Suevia Fernández Cabana, (Ferrol, 2006) quen estudou o Bacharelato de artes no "Concepción Arenal" de Ferrol, e tamén é unha apaixonada das artes en xeral.

Noa e Suevia -benxaminas da Chanfainalab- achegáronse á San Sadurniño como unha oportunidade de amosar o seu talento pero sen un fío claro do que tirar: "Este proceso non foi nada doado para nós, xa que cando chegamos o día das filmacións non tiñamos ningunha idea fixa, só sabíamos que queríamos facer algo que tivera que ver cun pintor. Ese mesmo día, cando xa tiñamos que comezar a gravar, ocorréusenos reflexar a nosa situación na curta, un pintor sen ideas. Ao inicio íamos facer algo serio pero resultou imposible co noso actor Darío Fernández Lanza, xa que todo o que gravábamos con el resultaba cómico, ben fora polas caras ou polos movementos que facía. Debido a isto, decidimos darlle unha volta á idea e aproveitar isto para facer a curta cun punto cómico. Despois aínda tiñamos que buscar un final e igual que antes, non se nos ocorría nada, estivemos bastante estresadas porque non atopábamos un bo remate para a historia. Finalmente, nun arrebato ocorréusenos facer o final máis absurdo que atopásemos, e así fixemos. Con isto quixemos reflectir que a inspiración aparece cando menos a buscas, no momento máis aleatorio e absurdo posible. Pero a cousa non remata aquí, aínda faltaba o son da peza, xa que practicamente non aparece a voz humana. Decidimos engadirlle música xa que só co son de ambiente quedaba moi soso. Así, coa axuda de Pedro Fariñas (profesor da materia de Música Tradicional Galega) e outros alumnos creamos e gravamos a música a raíz dunha Pasacorredoiras e adaptámolo á propia curta para que cadrase co vídeo".

"O seixo sentido" case é como unha comedia slapstick, efectiva e resultona, cunha historia "física”, case como unha homenaxe ao cinema mudo, creada polas novísimas autoras da peza, interesadas en todos os procesos que teñan que ver coa Arte: "Coidamos que nos quedou unha comedia sen pretendelo inicialmente. Co final elixido pretendemos crear expectación ou confusión, pois pode que algunhas persoas non entendan ben o que pasa ata que volven ler o título, “O seixo sentido”, que fai referencia ao seixo que colle ao final e onde lle ven finalmente a inspiración. En xeral estamos moi contentas co resultado final, pero o que máis valoramos é a experiencia e os momentos que pasamos gravando e editando”. Neste sinxelo pero entretido relato están as bases do que pretende a Chanfainalab: crear un clima de exploración e procura, sentir a ledicia de filmar e descubrir o que somos e queremos. E como ben nos contan Noa e Suevia, a “inspiración” está case sempre diante dos ollos, mais non somos quen de percibila as veces. En definitiva, unha lección optimista que nos achegan as ganas de aprender e vivir de dúas prometedoras creadoras de 18 anos.
Fotografías de César Galdo.

  • "O seixo sentido"

  • Noa Cortizas e Suevia Fernández de paseo pola Cortiña

  • Noa Cortizas e Suevia Fernández na foto conmemorativa da plantación da 8ª Chanfainalab

  • Noa e Suevia escoitando ao xeólogo Fran Canosa

  • Noa Cortizas e Suevia Fernández na foto oficial da 8ª Chanfainalab

  • Na sesión preparatoria da 8ª Chanfainalab

  • Noa, Suevia e Iago Lourido

  • Noa Cortizas e Suevia Fernández na "Eira de cineastas"

  • Darío Fernández Lanza na procura de inspiración

  • Noa e Suevia en plena faena

  • Equipo de "O seixo sentido" ao completo

  • Público na Casa da Cultura na Gran Gala da 8ª Chanfainalab

  • Noa Cortizas recollendo a "Lola Chanfaineira"

  • Noa Cortizas e cineastas da 8ª Chanfainalab

  • Noa Cortizas e Suebia Fernández presentan "O seixo sentido"

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: castelo de Naraio, cinema, creador@s, Naraío, pintura, ríos, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Noa Cortizas e Suevia Fernández

Compartir en: