Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

"O salón do canteiro"

Chao de Lamas, San Sadurniño, 2015

2ª Chanfaina'Lab (1). Estrea venres, 19 de febreiro do 2016
Director: Antón Caeiro
Coordenación e entrevistas: Margarita Teijeiro
Produción local: Ana B. Gundín
Participan: Carmen Bouza, Aurora Fernández, Amandino García, María González, Albino Piñón, Generosa Pita, Enriqueta Soto, María Yáñez e Josefa García, que faleceu recentemente e a quen vai adicado o filme.
Sinopse: Na procura de espazos onde "o amor" podía facer "contacto" , atopamos en Veiga de Lamas o Salón do Canteiro, un dos moitos lugares de baile que había en San Sadurniño nos duros momentos en que divertirse era un milagre.
Duración: 15’ 20’’
Gravado na parroquia de Lamas nos días 5 e 6 de setembro do 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab

Antón Caeiro é un cineasta experimentado e curtido en mil batallas pola memoria, con máis dunha ducia de multipremiados documentais. O tema recorrente en todos eles é a memoria social e os efectos do devalar do tempo sobre o relato histórico. Xunto coa activista civil Margarita Teijeiro xestionan e animan diariamente un cobizoso proxecto -irmán maior de "Fálame de San Sadurniño-, "O faiado na memoria", no que xa hai colgadas máis de 10.000 fotografías de Vilagarcía de Arousa e o seu entorno..
Nesta ocasión, Caeiro achegouse a San Sadurniño coa ollada posta na preparación do proxecto no que anda embarcado actualmente: “Eu tamén necesito amar”. Deseguida identificou un espazo de sociabilidade na parroquia de Lamas: o Salón do Canteiro, un local de referencia da mocidade durante o franquismo que foi baile, mais tamén albergou durante un tempo os oficios relixiosos da Igrexa parroquial. "Chamoume a atención que a pesares de ser un lugar moi pequeniño, mantiña un espazo onde os sentimentos e o amor podían desenvolverse, no que podían achegarse dous corpos, aínda que resultase algo cansado porque o home tentaba apretar, mais a muller separar".

Na peza, ateigada de toques retranqueiros e divertidos, asistimos a unha serie de testemuñas de veciños e veciñas que coñeceron ben o "Salón" nos seus tempos de esplendor e nos remite a un xeito de entender a vida que, para ben ou para mal, forma xa parte da historia social da comunidade e a memoria da veciñanza. De seguro que os parroquianos e parroquianas de Lamas non van quedar indiferentes con esta nostálxica lembranza audiovisual do seu pasado.
"Dende Lamas para o mundo" por Cesar Galdo.

  • "O salón do canteiro"

  • Antón Caeiro e as súas películas

  • Gravación de "Salón do Canteiro"

  • Gravando na casa de Enriqueta Soto

  • Margarita entre Generosa e Armandino

  • Enriqueta Soto no "Salón do canteiro"

  • Josefa García no "Salón do canteiro"

  • O antigo edificio do salón do Canteiro en Lamas

  • Fran, Antón, Margarida e Sandra na estrea da 2º Chanfaina lab

  • Antón Caeiro e Abel Vega presentando os seus filmes

  • Caeiro moi ben acompañado no xantar da Chanfaina

  • Margarita Teijeiro en San Sadurniño

  • O cineasta Antón Caeiro "explicándose" en Dzine

  • Margarita "localizando" en Ferreira

  • A "marquesa" Margarita paseando polo Pazo

  • Caeiro cavilando: "qué vou gravar"?. Ao fondo o Alcalde e a Concelleira de Cultura de San Sadurniño

  • Tres grandes con "saque": Fran, Abel e Antón

  • Antón e Margarita no fotocool da Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, igrexas parroquiais, Lamas, lecer, muller, música, vídeos, visitantes, xente

Autor/a: Antón Caeiro

Vídeos:
A memoria dos tempos do wolfran
Aillados
Os homes e a noite
Esta noite, velada
Arde Madrid
A volta dos nove
Eu tamén necesito amar

Compartir en: