Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O proxecto de Fogar Parroquial

San Sadurniño, 1974

Ramón Díaz Raña chegou destinado como párroco de San Sadurniño en xaneiro de 1971. Dende o principio incorporouse activamente á escasa vida asociativa e cultural do adormecido San Sadurniño, nomeadamente ao Teleclube que daquela desenvolvía as súas actividades nos baixos da Reitoral do Convento do Rosario. Axiña ingresa na Xunta directiva. Como o local se facía pequeno, intentou buscar novos espazos sen resultado algún. Porén, ao inquedo párroco de San Sadurniño ocorréuselle a idea de construír un Fogar Parroquial no solar onde hoxe está a Casa de Cultura:
“Desacougábame o ver que a finca do Igrexario era a mellor situada. Escoitaba dicir que San Sadurniño non podía medrar porque entre a Cooperativa e a Parroquia tíñanlle copado o corazón... Dáballe voltas na miña cabeciña para ver cómo podía facer para que o pobo se beneficiara daquela propiedade. A ocasión apareceu ao querer ampliar o Teleclube e non poder facelo nas dependencias de que falei antes. Propúxenlle á Directiva construír un Fogar Parroquial nos terreos do igrexario na esquina que daba á praza do Axuntamento. Coas ideas que barallamos, Avelino Cinza e máis eu fixemos unha maqueta. Era como unha casona con baixo e piso, moi a tino co marco da praza. Fun exporlle o proxecto a D. Miguel Anxo, o Bispo e...”. Continuar lendo...

Ao final o proxecto non saíu adiante. No seu lugar construirase en 1999 a Casa de Cultura. En palabras de Ramón:
“Hoxe penso que foi un acerto que non se levara a cabo esa idea do Fogar Parroquial. Aínda que o bispo quería que tivera moita independencia, non deixaba de estar a Igrexa implicada. Podía ser un foco de problemas. Confeso que estaba un pouco ofuscado; pero ao tempo sentinme resignado e liberado cando non aceptaron a nosa proposta. O solar durante moitos anos serviu de aparcadoiro público. Hoxe ten enriba o Centro Cultural Municipal, froito doutros acordos entre o Concello e o Bispado. Así se escribe a historia” .

Mais Don Ramón continuaría desenvolvendo proxectos para os veciños e veciñas de San Sadurniño coa revista "Pumariño", no impulso a Saraibas, ou no Certame de Canción infantil Cantareliña entre outros moitos
Ler aquí o historia completa do proxecto de Fogar Parroquial escrita por Ramón Díaz Raña e o número 2 de Pumariño adicado ao proxecto.

  • O proxecto de Fogar Parroquial

  • Fogar parroquial 1

  • Fogar parroquial2

load

Documentos:

"Historia dunha vidiña" por Ramón Diaz Raña
Pumariño nº 2. Abril 1976
Historia do proxecto de Fogar Parroquial, por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, Convento do Rosario, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: