San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
Pozo de Lamas, Igrexafeita, 2002
A través da cámara e a voz de Abel Vega Vega, poderás "pasear" ás beiras do río Castro en Igrexafeita ata chegar á Área recreativa do Pozo de Lamas, construida no ano 2002 e lugar no que hai tempo aconteceu un desgraciado suceso.
.
Nos seus arredores, a cineasta Xiana Gómes gravou o filme "Sotobosque 1" para a 2º Chanfainalab (2015).
Temas: Igrexafeita, muiño, naturezas, paseos, patrimonios, ríos, vídeos, videocartografías
Autor/a: Abel Vega Vega