Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

"O parto da parda"

Ferreira, 2025

9ª Chanfaina Lab (22). Estrea: venres 16 de maio do 2025
Guión e dirección: Abel Vega
Sinopse: “O proceso do parto dunha vaca na casa de Cruz Piñón”.
Duración: 12'
Gravado na parroquia de Ferreira, dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Abel Vega (Igrexafeita, 1958) traballou arreo durante toda a vida como albanel, mais unha enfermidade laboral apartouno do seu oficio. Inquedo e activo, cunha curiosidade sen límite, foi durante varios anos o presidente da Asociación Veciñal “Adiante Igrexafeita”. Abel tamén é acordeonista ocasional, gran cociñeiro e experto en manualidades de todo tipo. Aos seus 60 anos e pico, segue a vivir unha segunda xuventude ao gravar vídeos con vocación didáctica, nos que "mira" e fala simultaneamente coa cámara, o que chamamos "estilo abeliano". É un cineasta afeccionado que está a videocartografar a súa parroquia, sorprendendo coas súas creacións audiovisuais e recibindo ao tempo numerosos eloxios dos cineastas asistentes á Chanfainalab. Aprendemos xa a facer pan, descubrimos os muíños de Igrexafeita, as pedras do Forgoselo, as fervenzas do Río Castro, a feroz vida salvaxe no interior dun formigueiro, un avespeiro, ou como eran as "casas de antes". Imaxes e sons que perpetúan a memoria local a nivel patrimonial ou etnográfico como a emotiva "A pena de Vicente" (2023).
Podes ver algúns dos seus filmes en Fálame de San Sadurniño para comprobar o seu amor polos fermosos recunchos da paisaxe humana e natural da súa patria da infancia, a querida parroquia de Igrexafeita e tamén da Serra do Forgoselo da que é un auténtico erudito.

Abel Vega é unha verdadeira institución da Chanfainalab, o noso chanfaineiro máis veterano, xeneroso e prolífico. Un home imprescindible pola súa bonhomía, retranca e sabedoría; diante de calquera dificultade ou incidencia todo vaise resolvendo co enxeño de Abel. Como en edicións anteriores, está en todas partes, axudando a quen o precise porque ignora o significado da palabra non: “Dende fai varios anos xa tiña na cabeza a idea de gravar o parto dunha vaca. Todos sabedes que me gustan os animais. Prefiro gravalos a eles que aos homes. Mais o problema é que non topaba xeito de facelo. Un día fun a casa de Cruz Piñón e vin que tiña a vaca preñada e falámolo. Quedamos pendentes do seu aviso para cando fora o parto e así foi todo. A gravación durou tres días: o día anterior, o propio parto e 24 horas despois de parir".

"O parto da parda" é unha impresionante e marabillosa peza de cine verité naturalista gravada ao "xeito abeliano" que non deixará indiferente a quen a mire: "É un tema que nunca se tratara na Chanfaina; busquei na rede e non topei moitas pezas similares a esta. Todo esta feito en directo, en tempo real. Penso que o tema está tratado con agarimo e sensibilidade, mesmo a xente queda cun sorriso ao final. O día da proxección comprobei que á meirande parte do público gustoulle moito e iso deixoume moi satisfeito. Eu estou moi contento co resultado final e agardo que a xente o desfrute véndoa como eu facéndoa”. Así pois, dispoñámonos a vivir en primeira persoa unha emocionante experiencia da natureza. Na Chanfainalab sentimos orgullo da consolidación do cineasta de Igrexafeita e que, edición tras edición, nos faga sorrir, mais tamén conmover.
Fotografías de César Galdo.

  • "O parto da parda"

  • Abel de exursión polo Castelo de Naraío

  • Abel Vega no Catelo de Naraio

  • Abel na foto oficial da 9ª Chanfainalab

  • Abel no paseo polo rio Xuvia

  • Abel Vega na "Eira de cineastas" da 9ª chanfainalab

  • Abel, Cruz e Maruxa entre o público da 9ª Chanfainalab

  • Abe Vega, chanfaineiro da 9ª Edición

  • Abel e Fran Nogueira na Gala da 9ª Chanfainalab

  • Abel Vega presentando "O parto da vaca"

  • Abel entre cineastas da Gala da 9ª Chanfainalab

  • Abel entre o público da Gala da 9ª Chanfainalab

  • Abel Vega, chanfaineiro maior de Igrexafeita

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: animais, creador@s, empresas agrogandeiras, Ferreira, gandeiría, Horta de Cruz, labregos e labregas, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Abel Vega Vega

Compartir en: