Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Racamonde, Naraío, 1911
Mª Luisa Galdo lémbrase do seu avó José María Soto López (1884-1965), nado en Racamonde na parroquia de Naraío. No ano 1909 emigrou a Cuba e retornou no 1918.