Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Santa Mariña do Monte, data descoñecida
O marco de Portonovo de Valverde é un monolito de pedra –probablemente unha laxa megalítica- que dividiu dende tempo inmemorial tres freguesías e no devalar do tempo tres concellos: Valdoviño, Narón e San Sadurniño. Está situado no vello camiño a San Andrés de Teixido e actualmente fai de pontella para atravesar o regato de Portonovo. A pedra está situada ao carón do gran complexo megalítico no monte dos Nenos-Esperón, que garda 16 monumentos funerarios -dous deles en Santa Mariña do Monte- de hai 3.000 anos polo menos. A laxa ten gravada a inscrición M3T (marco de tres termos, século XVIII) , e amosa ademais diversas gravuras e unha cazoleta que correspondería á pegada de Deus (plantae pedum), cando asolagou a aldea impía de Valverde, segundo relataban lendas milenarias asociadas ao “mito das cidades asolagadas”. Contaban os vellos que dende aquela, o río corre baixo da terra, gardando o tesouro dos sete imperios, antes de desembocar no Mar de Pantín. Nas noites de luar, pódese ver a torre da igrexa de Valverde e dise que introducindo unha vara na auga é posible tocar as campás, segundo nos relata o historiador e arqueólogo de Trasancos Andrés Pena Graña neste audio:
Non sería mala idea que os tres concellos se puxeran dacordo para poñer en valor esta paraxe mítica, tan rica no folclore popular e por seren ademais un fito senlleiro do milenario Camiño de San Andrés.
Descarga os documentos adxuntos e mira as fotografías relacionadas con mais información sobre este singular espazo fronteirizo do Concello de San Sandurniño.
Temas: lendas, patrimonios, Santa Mariña do Monte, megalitismo
Autor/a: Andrés Pena Graña