Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Castro, Bardaos, 1
Na época prerromana, "Bardaos"-igual que "Monte"-, foi, sen dúbida, terra abondosa en pastos e caza. Unha terra brava rodeada por montañas, co vizoso val de Veiga e Bañoca arredor do castro, en comunicación directa cos castros veciños de "Escoitadoira" e "Castrelo" e "protexendo" ó complexo sistema de "castros do Val de San Sadurniño". Ao seu carón agroman aínda numerosos topónimos que acreditan o antergo poboado: Castro, Croa, Muíño do Castro, etc. O Castro de Bardaos, en xeral, mantén un aceptábel estado de conservación, coa croa -chaira redonda no cumio do castro-, mais ou menos despexada. Polo seu carácter “fronteirizo” podería ser un emprazamento moi axeitado como obxecto de estudo arqueolóxico ou para un proxecto de "arqueoloxía colaborativa". Baixa o documento con mapas, toponimia e datos básicos publicados en "Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol". Cadernos do Ateneo Ferrolán nº 5 (1987).
Temas: Bardaos, castros, gandeiría, lendas, patrimonios
Autor/a: Manuel González Álvarez