Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"Notas para unha intervención"

San sadurniño, 2025

9ª Chanfaina Lab (15). Estrea: venres 25 de abril do 2025
Dirección, guión, cámara e montaxe: Cora Peña
Reparto e coguionista: Luisa Trigo
Localizacións: Abel Vega e Iago Lourido
Duración: 10' 30''
Sinopse: "Axente TRIg, cos seus misteriosos dons, encarna no noso mundo para estudar unha posible intervención. Alguén recolle notas do proceso"
Gravado en Naraío, Alto de Forgoselo, San Sadurniño, Granxa A Esperanza, río Castro, canteira abandonada, festa de San Pipote, dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Cora Peña, (Vigo 1968) é licenciada en Ciencias da Información (UCM) e graduada en dirección de fotografía pola EICTV (Cuba). Tras exercer como directora de fotografía en varias curtas de ficción, estreouse como directora na mediometraxe ópera rock viguesa "The last patrol" (2000). Nos últimos anos enxergouse intensamente no xénero documental, con longametraxes de contido socio-ambiental como "Apash, os de fóra" (mundo indíxena fronte a extractivísmo na Amazonía peruana); "Tesouro de Corcoesto" (resistencia popular fronte ao proxecto de mina de ouro na Costa da Morte) ou puramente social como "Agromantes" (procesos de loucura e psiquiatrización en primeira persoa). Ven de estrear na plataforma de Agalega "Arborismos" , unha serie documental sobre as árbores orientado ao público infantil. Actualmente desenvolve o documental "A man dentro da luva". Nas súas producións documentais adoita exercer de muller-orquestra, desempeñando os roles de guionista e directora, produtora, operadora e montadora.

Cora achegouse a San Sadurniño sen un plan previo. Os seus ollos encalecidos no documentalismo crítico trataron de “entender” un territorio para ela descoñecido, ata que aos poucos topou co fío condutor: “Fun a San Sadurniño sen guión nin preprodución, sen ter claro se ía facer documental ou ficción, confiando en que o nin da experiencia aportase a historia. E así foi, o acompañamento tranquilo e compartidor de Iago e Abel na procura de localizacións e o ambiente agarimoso que se da na Chanfainalab afrouxaron a tensión da folla en branco e posibilitaron que recollera o necesario para poder construír este pequeno relato. Estou afeita a traballar de xeito rápido, pero neste caso houbo algo de vertixe ao abordar a peza case desde cero; só sabía que as vacas terían unha presenza clave pero nin sequera estiven certa de que Luisa -a miña axudante- ía poder acompañarme ata o día antes da rodaxe. Ela, presente de costas ante a cámara, aportou non só ocorrencias no aspecto formal senón tamén inspiración para atopar a idea guía da historia, a partir da súa sensibilidade respecto ao medio e, especialmente, aos animais"

"Notas para unha intervención" é unha peza que se interna no noso territorio con notas de ciencia ficción e reclama a nosa atención polo estilizado rexistro cromático e un certo ar de misterio que as persoas espectadoras deberán iluminar: "A breve duración creo que xoga a favor da historia. O guión foi aparecendo de xeito intuitivo, pescando datos e localizacións sobre a marcha, e só acabou de revelarse na mesa de montaxe. Unha historia que, debuxada a trazo gordo e non exenta de crítica, deixa pistas para que o espectador a complete". A proposta da cineasta viguesa é que adoptemos un punto de vista insólito, quizais un extraterrestre, que percorre o noso concello entre luminosas cores viradas e tomando notas da natureza e os seres vivos que habitan no territorio para poder entendelo antes do contacto definitivo. Que desfruten desta fermosa viaxe exploratoria da nosa contorna a través dos ollos do axente TRIg.
Fotografías de César Galdo.

  • "Notas para unha intervención"

  • Cora Peña no castelo de Naraío

  • Cora na foto oficial da 9ª Chanfainalab

  • Cora no castelo de Naraío atendendo ás explicacións do arqueólogo

  • Cora na "Eira de cineastas"

  • Cineastas da 9ª Chanfainalab

  • Luisa Trigo na gravación da peza de Cora Peña

  • Cora filmando ao Axente TRIg

  • Cora e Luisa na Serra do Forgoselo

  • Axente TRIg e Cora investigando

  • Cora Peña tirando plano

  • Cora recibindo a Lola Chanfaineira

  • Foto colectiva de cineastas da 9ª chanfainalab

  • Cora entre o público asistente á Gala da 9ª Chanfainalab

  • Cartaz de "Notas para unha intervención"

  • Cora Peña cineasta da 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: videocartografías, visitantes, vídeos, naturezas, Naraío, Forgoselo, festas e romarías, animais, paseos

Autor/a: Cora Peña

Vídeos:
Canle de Vimeo de Cora Peña

Compartir en: