Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

"No tempo dos escapados"

Lamas, 2025

9ª Chanfaina Lab (10). Estrea: venres 4 de abril do 2025
Guión e dirección: Consuelo Picos, Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón.
Reparto: Consuelo Picos, Carmen Couce e Puri González
Montaxe: Ángela Arnosa .
Colaboración: Kevin Lorenzo.
Duración: 5'05
Sinopse: “Tres veciñas lembran os anos da guerra e a posguerra a partir da memoria dos escapados, condenados a agocharse para salvar a súa vida”.
Gravado na parroquia de Lamas dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Carmen Bouza (Lamas 1948), Carmen Couce (Lamas 1949), Cruz Piñón (Ferreira 1953), Consuelo Picos (Igrexafeita 1945), e Lucita Pita (Naraío 1937), veteranas colaboradoras de "Fálame de San Sadurniño", crearon o proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" no ano 2015 co obxectivo de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres nos traballos do campo. Na súa canle de Youtube- arredor de 70 vídeos publicados- dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais da agricultura galega. O proxecto acadou un grande éxito mediático con preto de un millón de visualizacións e 2.300 subscritores, recibindo unha morea de premios e recoñecementos como a "mellor web serie en VO" no Carballo Interplay, "Mellor vídeo-opinarmos" en Youtubeir@s, ou o premio como "Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores", outorgado pola fundación DomusVi, entre outros moitos recoñecementos e considerado xa como un referente na rede. Alén diso, as cinco mulleres -xa como cineastas- sorprenderon nas anteriores Chanfainalabs coas pezas "Historia do cisne, o atún e a troita"(2017), "Boniatos no país do sol poniente" (2018), "Electra" (2019), "Decides que o matrimonio" (2020), "Cando eu era nova" (2023) e "A última fonte" (2024).

As mulleres do colectivo de "Teño unha horta" son absolutamente imprescindíbeis para a Chanfainalab. En realidade non coñecen a palabra non: axudan as cineastas no que faga falta, dende as tarefas de casting, a procura de localizacións e atrezzo, ata o reparto e interpretación. De feito podémolas ver noutras pezas desta edición como en Mírame de Kevin Lorenzo, "Solposto" de Iago Lourido, "Sansa[nicar]" de Monika/Bocixa, "O parto da parda" de Abel Vega ou "A voz que cala" de Naraío Media. Nesta edición consagráronse ademais como copresentadoras da Gala da Chanfainalab arroupando ao actor Fran Nogueira. Sen embargo na cociña da Chanfainalab sempre andamos pendentes da sorpresa coa que nos agasallan ano tras ano as nosas cineastas seniors. Nesta edición optaron por viaxar ao inmediato pasado da Guerra e a postguerra do franquismo: Sempre lle damos unha morea de voltas aos temas das nosas películas. A idea deste ano veunos por unha conversa con Puri González cando nos contou que o seu pai, Emilio González axudaba aos escapados. Logo as catro fomos tecendo historias e todas participamos no desenvolvemento da idea. Coidamos que eses pequenos xestos de axudar aos escapados tamén forman parte da nosa Historia e lamentablemente queda pouca xente que recorde aqueles feitos. Contamos ademais cos axuda xenerosa de Angela e Kevin.

"No tempo dos escapados" é un pequeno documental onde as tres veciñas rememoran fragmentos de relatos escoitados polos seus devanceiros que nos remiten a tempos escuros, onde a xustiza e a democracia eran palabras inexistentes: "De cativas escoitamos moitas historias que nos pretendemos traer ao presente. Eran historias de fuxidos polo monte, ben para non alistarse na fronte da guerra ou ben por seren de esquerdas nunha zona que desde o primeiro momento quedou baixo control do bando franquista. Tamén se relatan casos dos coñecidos como “toupas” que se agocharon durante anos en cortes e faiados -algún morreu confinado no seu agocho- . Aínda que eramos nenas sentíamos o medo no que vivían os nosos pais e avós. Era un medo que se metía no corpo. Lamentablemente a xente nova non sabe o que foron aqueles anos, nin sequera saben quen foi Franco. Pensamos que sería boa idea contar algo de aquel tempo, historias que estaban por aí, pero que nin os nosos pais nos explicaban porque ata falar estaba prohibido.." Nesta época de fervor prebélico, as nosas cineastas senior iluminan a noite escura da postguerra con esta peza de memoria democrática para facérmonos sentir un tempo convulso e para que non se repita nunca.
Fotografías de César Galdo

  • "No tempo dos escapados"

  • Consuelo, Cruz e Maruxa no Castelo de Naraío

  • O colectivo de "Teño unha horta" na foto oficial da 9ª Chanfainalab

  • Cruz e Maruxa na Eira de cineastas

  • Colectivo de Teño unha horta na Eira de cineastas

  • Cruz e Maruxa na Eira de cineastas da 9ª Chanfainalab

  • Publico asistente á Gala da 9ª Chanfainalab

  • Fran Nogueira e o colectivo de "Teño unha horta presentando a Gala da 9ª Chanfainalab

  • Cruz Piñón e Fran Nogueira

  • Carmen, Consuelo, Maruxa e Cruz presentando a 9ª Gala da Chanfainalab

  • Presentando a Gala da 9ª Chanfainalab

  • Fran Nogueira e Cruz Piñón

  • Consuelo e Fran Nogueira

  • "Teño unha horta" na Gala da 9ª Chanfainalab

  • Carmen, Consuelo, Cruz e Maruxa

  • Maruxa e Fran Nogueira

  • Carmen Couce e Fran Nogueira

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, creador@s, guerra, Horta de Carmiña, Horta de Consuelo, Horta de Cruz, Horta de Maruxa, labregos e labregas, vídeos, Lamas, Chanfaina'Lab

Autor/a: "Teño unha horta"

Compartir en: