Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Nimbo"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina'Lab (22). Estrea venres, 12 de xullo do 2019
Dirección: Mar Catarina
Axte dirección, postprodución de son: Rubén Domínguez
Son directo: Toni Colombo
Música: Cibrán Tenreiro
Colaboracións: Cibrán Tenreiro e Toni Colombo
Textos: Simone Weil
Sinopse: "Dous amigos, Cibrán e Toni, viaxan pola contorna galega nun vello Kadett mentres escoitan cintas de casete no coche. O seu errar lévaos a diferentes lugares da contorna de San Sadurniño e coma se de dous cativos se tratase, exploran e xogan nos espazos mentres o tempo se sucede. ".
Duración: 9' 10”
Filmada en San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab

Mar Catarina (Vilagarcía, 1988) é unha artista visual, fotógrafa, música e realizadora. O seu contacto coa arte empezou a través da danza. Logo de estudar Comunicación Audiovisual na USC fixo un ano na Pompeu Fabra de Barcelona e aí puido afondar no coñecemento do cinema. Despois foise ata Lisboa, onde fixo un posgrao en "Fotografía, proxecto e arte Contemporánea", que a marcou profundamente en proxectos fotográficos como “O cuarto de Bernarda” (2010), “Segunda pel” (2011) e “Piña” (2011). Asemade desenvolve unha prolífica traxectoria no eido da música tanto como compoñente do grupo pop "Esposa" ou na realización de numerosos videoclips. No ano 2011, Mar e Rubén Domínguez (O Grove, 1987) crearon o laboratorio PRENOM: "concibímolo como un espazo para liberdade creativa e o traballo en común". Baixo o seu paraugas ambos realizaron algúns dos videoclips máis estimulantes da nosa música recente, traballando con grupos como "Ataque Escampe", “Novedades Carminha” “Pantis” ou "Chicharrón". Neste último ano Mar Catarina traballou como docente no IES audiovisual "Puerta Bonita" de Madrid.

Mar Catarina e Rubén Domínguez achegáronse a San Sadurniño cos seus amigos -tamén chanfaineiros- Cibrán Tenreiro e Toni Colombo. Percorreron xuntos varias parroquias do concello axudándose uns aos outros coas súas curtas. A colaboración foi tal que a peza de Cibrán, titulada“Xente bonita #1” e a de Mar teñen sentido por separado, pero tamén poden verse como un díptico ou mellor aínda, como dous espellos enfrontados de experiencias compartidas: "Cando chegamos tiñamos un coñecemento moi vago deste Concello no que traballariamos durante dous días sen descanso, mais estábamos moi ilusionados porque iamos uns cantos amigos: Cibrán, Toni, Rubén e eu e traballar xuntos sempre é un pracer. Os días previos á chegada, escribín algunhas vagas ideas do que me gustaría facer pero percibía certas limitacións. A miña premisa inicial partía dunha pequena sinfonía da paisaxe, acompañada cun recital e a presenza dun demiúrgo. Naquela época estaba lendo con atención algúns textos de Simone Weil e a súa influencia era moi forte en min. Dalgún xeito iso acabaría reflectido no traballo. Ao chegar a San Sadurniño, preferimos estar abertos ao que ía xurdindo e eu nunca quixen pechar o guión porque non o consideraba preciso, xa que tiñamos suficiente confianza como para prescindir del e que as cousas foran fluíndo por si mesmas. Inicialmente, Rubén ia ser a personaxe principal mais os días foron impoñéndose e cada vez tiña máis material recollido de Cibrán, Toni e o Kadett, fragmentos dos nosos días en San Sadurniño. Percibín que a historia estaba acontecendo con eles e, sen dicirllo, convertinos en protagonistas. Toni ten unha relación moi especial co seu coche. Pasa moitas horas nel e cando unha das pezas deixa de funcionar cámbiaas con mimo. Xa saían no videoclip que fixen de "Papá borracho" para Ataque Escampe. Cibrán é o mellor cómplice. Tanto para Toni coma para min. Para min porque case sempre accede aos meus desvaríos. Iso fai que sexa moi fácil experimentar con el. E para Toni, entre outras razóns, porque lle subministra música en casete para escoitar no coche."

En "Nimbo" están presentes algunhas das teimas da -aínda moi nova- directora pontevedresa: "Intento facer unha procura íntima e case autobiográfica daquilo que me conmove e provoca beleza. Procuro a simplicidade e o orgánico das cousas e persoas coas que traballo co fin de acadar a pureza ou verdade delas propias". Catarina establece unha celebración da vida, do descubrimento do descoñecido, unha película de amigos, que fala da amizade, da exploración do territorio, de descubrir o que te rodea de forma infantil e inocente, co contrapunto dos textos da gran filósofa francesa Simone Weil "cantados" ao xeito de rap; mais sobre todo, é unha peza substancialmente libre: "Unha celebración da amizade chea de luz e música. Retrato de nós mesmos, ceibes e curiosos, nas terras de San Sadurniño". Así pois, ista é unha viaxe moi especial, porque a acción transcorre en localizacións coñecidas, mais o vello Kadet de Toni e Cibrán amósanos imaxes e situacións que agroman directamente dos ollos e do corazón da cineasta Mar Catarina. Aínda que a curta enténdese autonomamente, é moi recomendábel vela con “Xente bonita #1” do seu amigo Cibrán Tenreiro; ambas conforman visións expandidas e complementarias da mesma realidade, transpirando autenticidade e vida.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón

  • "Nimbo"

  • Mar Catarina na 5º chanfainalab

  • Mar e Rubén

  • Mar e Rubén na sesión introductoria c@s chanfaineir@s

  • De paseo por Sansa

  • Visitando á deusa Navia

  • Mar e Rubén na foto oficial da 5º chanfainalab

  • Mar, Rubén e Toni

  • Rubén Domínguez

  • Mar e Rubén en Naraío

  • Mar e a cámara

  • Cibrán, Caterina e Toni

  • Rubén Domínguez en Naraío

  • Rubén e Mar gravando no río Castro

  • Mar Catarina

  • Amigos nun baño de río

  • Toni e Mar

  • Gravando "Nimbo"

  • Post chanfaina

  • Os catro amigos na premiere da 5º chanfainalab

  • Rubén e Mar presentando "Nimbo"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: coches, música, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Mar Catarina

Vídeos:
"Na cela" (Chicharón)
"Papa borracho" (Ataque escampe)
"Arder" (Ataque Escampe)

Compartir en: