Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Navia"

San Sadurniño, 2023

7ª Chanfaina Lab (3). Estrea: venres 3 de marzo do 2023
Guión e dirección: Kevin Lorenzo
Cámara e edición: Ángela Arnosa
Reparto: Abel Vega, Catalina Rodríguez e Kevin Lorenzo.
Sinopse :"Unha historia sobre a avaricia e a corrupción dentro da Igrexa. Unha rapaza ten o propósito de gañar cartos coa axuda dun crego que desafía a Deus predicando a través do mal exemplo, pero a medida que ve a posibilidade de acadar o que procura, os seus principios e valores desaparecen acabando dominada pola cobiza. Quen predica o cumprimento dos mandamentos é o primeiro que os quebranta. O crego e a ovella negra do rabaño son a mesma persoa"
Duración: 9' 20''
Gravado nas parroquias de Santa Mariña do Monte e San Sadurniño co gallo da 7ª Chanfainalab.





Kevin Lorenzo (Xixón, 1991) é un actor habitual que frecuenta teatro, series de TV, cinema, videoclips ou o que se lle poña por diante. Iniciou a súa formación teatral no ano 2006, pasando por diversas escolas de arte dramático (Estudio Corazza, Escola Pábulo, El Ruiseñor...). Compaxina diversos traballos con cursos impartidos por profesionais como John Strasberg, Carlos Villarino ou Marcos Orsi. Completou a súa formación con seminarios de interpretación ante cámara dirixidos por Jorge Saavedra, Chema Gagino, entre outros. Obtivo as mencións como actor destacado nos anos 2013 e 2016 no certame de teatro Candilejas Don Bosco. Tamén tomou clases de radio, loita escénica e natación, faceta que aínda desenvolve a día de hoxe.


Kevin é un mozo que leva participado en varias edicións da Chanfainalab con destacadas actuacións diante da cámara como ten demostrado dabondo en Un ninguén máis (2019) Curmáns (2020) ou Breixo (2018). Pero desta volta decidiu colocarse detrás da cámara: "a miña peza inspírase nunha obra de teatro modificada e mellorada ao longo de case dous anos. Abel Vega, o protagonista, tivo un nivel de implicación dun 100% desde o principio. Implicouse tanto que ata tiña preocupado á muller, porque se pechaba no garaxe para ensaiar e interpretar cada escena á perfección, sen esquecer ningunha palabra, xesto e movemento, como un gran profesional. Para min esta é a miña primeira curta como director, dirixir foi unha labor complicada pero reconfortante, xa que paga a pena estar ao outro lado e probar novas cousas"


"Navia" bebe tanto nas fontes do teatro popular galego como da comedia negra. Kevin é un gran amador de "Lucky" de John Carroll Lynch ou "No es país para viejos" dos irmáns Coen. Arumes dese ronsel percíbense na posta en escena esperpéntica e desbocada que destila a peza por momentos. "Eu penso que é unha historia entrañable e á vez dura porque fala constantemente da avaricia, facendo guiños á corrupción dentro da igrexa. Incorporando gran parte da filosofía de vida do protagonista, o seu enxeño e a súa habilidade musical no acordeón. "Navia" é en definitiva unha comedia dramática. Coidando cada momento cunha calidez e sinxeleza que desarma, e de algún acerto na posta en escena que penso quedou resultón. Pois iso, a pasar un rato divertido no mundo surreal da man de Kevin e do humor retranqueiro de Abel Vega.
Fotografías Cesar Galdo.

  • "Navia"

  • Kevin Lorenzo na foto de familia do VII Chanfaina Lab

  • Kevin Lorenzo na entrada á gala do VII Chanfaina Lab

  • Kevin Lorenzo, Ángela Arnosa e Abel Vega

  • Kevin, Araceli Bellas e Naraío Media

  • "Lolas chanfaineras" das Lolas da Cascarilla

  • Kevin Lorenzo, Pablo Martínez e Ángela Arnosa

  • Kevin entre o público entregado na gala da entrega de premios do VII Chanfaina Lab

  • Kevin Lorenzo presenta a súa peza e recolle o agasallo, a Lola chanfainera

  • Estrea "Navia" 3 marzo 2023

  • Estrea "Navia" 3/03/2023

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte, vídeos

Autor/a: Kevin Lorenzo

Compartir en: