Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1985
Unha nova e, coma sempre, divertida historia de Ramón Díaz Raña na que lembra os traballos e os días como párroco de San Sadurniño entre 1971 e 1990. Nesta ocasión -co humor retranqueiro que caracteriza canto escribe- debulla na épica historia da reforma do adro da Igrexa parroquial acontecida en 1985. Vai anexo un documento que permite analizar polo miúdo a evolución da obra, así como a listaxe coas achegas realizadas por veciños e veciñas. O relato comeza así:
“Discorre cachola, que estás na escola”. Así nos berraban aos cativos de Mondoñedo cando pasaban preto do Seminario e nos vían no salón de estudos; mandábanos discorrer sen saberen que algúns habitabamos no reino das esencias e da Metafísica.
É ben verdade: Cánto ten que discorrer a nosa cacholiña, na escola e na vida, para ir resolvendo as papeletas da limitada e finita existencia! Confeso que as obras do adro quentáronme a cabeza máis ca ningunha outra tarefa por min argallada. Fáiseme complexo contar como foi a obra do miradoiro do adro. Por sorte, e case como un milagre, atopei o caderno onde ía anotando as incidencias de cada día. Case non dou creto como puiden facer iso e con tanto detalle. Menos mal que en “Fálame de San Sadurniño” danme a oportunidade de publicar estes “documentos históricos” (!); do contrario puidera suceder que foran parar a algunha biblioteca e pasando o tempo un investigador despistado dera con eles aquí en Cáceres e, por estar en galego, atribuiríalle a súa feitura a amanuenses do sabio Alfonso. Certo que levaba tempo matinando no ben que quedaría continuar o muro de pedra que había no nacente e chegalo ata ao muro que subía á carón das escaleiras do Rosario..."
Seguir lendo.
Na fotografía o fillo de Víctor Manuel Rico "Vitucho" nunha das mesas de pedra desaparecidas no adro, preto do hórreo.
Temas: Convento do Rosario, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Ramón Díaz Raña