Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Matías Fernández Murias

Agra de abaixo, San Sadurniño, 1913

Arredor de 1913 establecíase en San Sadurniño o grande empresario da emigración Matías Fernández Murias. Nado en Cabanas en 1871, emigrou ao Brasil aos 14 anos, onde creará un emporio comercial centrado na venda de sombreiros na “Chapelaria Colombo” en Río de Janeiro. Sen chegar a cumprir os 30 anos, Matías Fernández Murias figuraba xa nas máis importantes sociedades españolas do Brasil e contaba co recoñecemento de toda a colonia emigrante, chegando a participar na creación do Centro Galego de Río de Janeiro en 1899. Tamén colaborou nalgunhas publicacións da emigración galega, como “El Eco de Galicia” de Buenos Aires. O lector interesado pode coñecer mais sobre a súa vida nesta pequena biografía escrita polo seu neto Eliseo Fernández.

Posiblemente nunha das viaxes de vacacións a Galicia, en 1904, coñecerá en San Sadurniño a Avelina García Fraguela, ( San Xulián de Montoxo 1885- San Sadurniño1951) do entorno familiar de Antonio López Torrens, ex-secretario municipal do concello de San Sadurniño de 1876 a 1894, ademais de ex-administrador dos intereses do Marqués de San Sadurniño ata 1894. Do seu matrimonio nacerán doce fillos, varios deles nados en San Sadurniño: Teresa, Antonio, María, Matías, Jesús, Angel (San Sadurniño 1918), Aurea (San Sadurniño 1920), Enrique, Eliseo, José Marcos (San Sadurniño, 1925), Jesús Ramón, (San Sadurniño, 1926) e Luis (San Sadurniño, 1927). Nos primeiros tempos estableceuse na Coruña, aínda que a partires de 1913 comezou a preparar o domicilio familiar en San Sadurniño, mercando moitos frutais para o terreo que alí posuía a familia da súa esposa Avelina García Fraguela. En 1918, a corporación municipal presidida por José Salgado inscribe a Matias no padrón municipal
Como é de supoñer, non pasou desapercibido home tan principal no pequeno mundo rural de San Sadurniño. Numerosos paisanos solicitábanlle cartas de recomendación para emigrar ao Brasil. Cando en 1924 se organice a delegación local de Unión Patriótica -único partido legal na Ditadura de Primo de Rivera-, será chamado a presidila na compaña dos sectores mais conservadores do concello. Co crack de 1929 arruinouse e o seu capital ficou reducido á vivenda en San Sadurniño, onde se foi establecer definitivamente coa súa numerosa familia. En San Sadurniño foi xuíz municipal dende 1934 ata 1946, apoiando activamente ás candidaturas da dereita (CEDA) nas eleccións de novembro de 1933 e a ditadura franquista. Home moi relixioso, contaba coa amizade persoal de Natividad Quindós, marquesa de San Sadurniño. Segundo os veciños que o trataron esixía que lle chamasen "Don Matías". Foi nomeado xuiz municipal de San Sadurniño en agosto de 1934. Algúns dos seus fillos pertenceron ao partido "Derecha regional gallega e mesmo militaban en "Falange española" en 1936.
O 6 de marzo de 1950, falecía Matías Fernández Murias en San Sadurniño, á idade de 79 anos.
O seu neto, o historiador galego Eliseo Fernández Fernández, evócanos a figura do eu avó:




Na fotografía, Matías Fernández Murias

  • Matías Fernández Murias

  • Matías Fernández Murias -á dereita- con José Badía e Jacobo Villaamil no castelo Andrade.(Foto Delfín Vázquez, de Ares)

  • Sinatura do xuíz municipal de San Sadurniño Matías Fernández Murias en 1935

  • Casa familiar de Matías Fernández Murias (2015)

  • Factura de frutais en 1913

  • Procesión en San Sadurniño (Ideal gallego, 4-9-1917)

  • Noemi María de la Concepción Fernández Murias en 1911

  • Fillos de Fernández Murias no Carballo da Marquesa

load

Documentos:

"De Cabanas ao Brasil. Noticias de Matías Fernández Murias" por Eliseo Fernández (Revista Cátedra, 16)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: emigración, familias, San Sadurniño (Concello), xente

Autor/a: Eliseo Fernández Fernández

Compartir en: