Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
San Sadurniño, 1923
Manolo Rico fálanos desta foto, que ve por vez primeira con 92 anos. Está na eira da súa casa con oito meses. Unha foto de 1923, enviada e manuscrita polo seu irmanastro e padriño Tomás Rico López, (fillo de Manuela López Sisto) emigrante en Cuba.
Grazas a María Teresa Pouso por conservar e compartir este fermoso recordo.
Temas: familias, xente, San Sadurniño (parroquia), emigración
Autor/a: Manolo Rico López