Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Moimentos, Santa Mariña do Monte, data descoñecida
Ao carón da igrexa de Santa Mariña, en "Moimentos", ubícanse dúas mámoas pertencentes a un gran complexo funerario da era neolítica –de hai polo menos 4 000 anos- situado no monte dos Nenos-Esperón con mais de 16 túmulos de diferentes formas e tamaños. As mámoas eran lugares de enterramento dos pequenos poboados agrarios daqueles tempos e o seguiron sendo durante centos de anos, ata a chegada do cristianismo. Estaban situados a grande altura, polo que ademais de tumbas, servían como marcas delimitatorias e orientadoras dos camiños para “xeolocalizarse” no territorio, como neste caso, ás beiras do milenario camiño de San Andrés de Teixido. Así cóntanolo o historiador e arqueólogo de Trasancos Andrés Pena Graña:
Unha mágoa que hoxe non queden restos visíbeis das dúas mámoas na campa de Moimentos…Podes ver mais información en imaxes relacionadas e documentos.