9ª Chanfaina Lab (18). Estrea: venres 2 de maio do 2025 Guión, dirección e montaxe: Carlos Martínez-Peñalver Deseño sonoro: Miguel Bianchi a partir de "Cantiga de maldicer contra Nuno Freire de Andrade, o Mao" de A Quenlla. Vestiario: Asociación de Veciños Val de Moeche Axudante de produción: Iago Lourido Casting: Kevin Lorenzo e Ángela Arnosa Reparto: Joel Fontán e a burra "Lola" Figurantes: Ana Lamas, Consuelo Picos , Juan Fernández, Anxo Pena Picos, Camila López Couce, Lucía da Lobeira e Antonio Fraga Bouza Duración: 9' 40'' Sinopse: "O fantasma do señor Nuno Freire Andrade "O Mao", deambula sen descanso polas densas fragas galegas. Condenado a vagar eternamente polos camiños que un día cubriu de sangue, o seu destino podería cambiar coa chegada dunha enigmática mensaxeira."
Gravado o carón do Castelo de Naraío e Igrexafeita dentro do programa da 9ª Chanfainalab. Seleccionado no D'A Film Festival Barcelona (2025).
Carlos Martínez-Peñalver (Vigo, 1991) é director, montador e cofundador da produtora Omen. Gradúase en Comunicación Audiovisual a medio camiño entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat Pompeu Fabra. Completa a súa formación no Máster de Montaxe da ESCAC e o Máster de Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo da Universidade Pompeu Fabra, que rematou cun tesiña sobre a emoción cinematográfica na corte de montaxe. Como director realizou as curtametraxes "Nocturna" (2015), "Xuventude Gruyère" (2016), "Despois da Bandeira" (2017) e "Como desaparecer" (2018), seleccionados e galardoados en diferentes festivais internacionais. En 2023 estreou a súa primeira longametraxe "À procura da estrela", premiada no festival Entrevues de Belfort e que recorreu festivais coma Xixón (FICX) ou o Porto/Post/Doc. Traballou no equipo de montaxe para cineastas como Oliver Laxe, Carla Andrade ou Andrés Sanjurjo.
Carlos achegouse a San Sadurniño na procura de elementos que lle interesan como cineasta: os espazos nos que habita a memoria, a historia e o devalar das xentes. De feito, veu cunha idea concreta e o seu actor fetiche (magnífico actor e mellor persoa Joel Fontán): "O noso obxectivo con esta peza era facer un exercicio de reencarnación histórica a través do cinema. Queríamos invocar a sanguinaria figura de Nuno Freire Andrade "O Mao" para reflexionar sobre a persistencia do mal no imaxinario contemporáneo. San Sadurniño foi un dos bastións de poder da casa Andrade onde houbo derramamento de sangue nas revoltas Irmandiñas , polo que nos pareceu que sería interesante facer unha peza na que a memoria do espazo, neste caso a fraga que segue ao castelo de Naraío, se fixera presente o noso filme"
Con "Maldito espírito", Carlos mantense fiel a si mesmo; por veces percibimos ronseis da súa longametraxe ( "Á procura da estrela"). Nesta ocasión, o punto de partida recrea o espazo que deambulou un dos persoaxes máis sanguentos da nosa historia. Mais o relato flúe aderezado cunha chiscadela de humor a través dos sensatos consellos da burra "Lola", de cara a súa redención e remate definitivo da permanencia do mal: "Estamos moi contentos coa nosa peza, sobre todo pola dimensión de xogo e creatividade que puidemos introducir a través da experimentación coa linguaxe cinematográfica. Penso que conseguimos facer unha ficción histórica de libre interpretación que pode ser inquietante, estraña e divertida a partes iguais. Ademais, coido que é moi importante dicir que puidemos colaborar cunha boa morea de veciñas de San Sadurniño, o que lle dá ese sentido de colectividade do que nace o cinema e que, dalgún xeito, permea a nosa curta". Unha suxestiva e fermosa peza que poderíamos cualificar como "cine histórico de autor" con recendos de Jean-Marie Straub e que gustará moito aos amantes da historia e do cinema con mirada propia. De feito, acaba de ser seleccionada no prestixioso D'A Film Festival Barcelona (2025).
Fotografías de César Galdo.
"Maldito espírito"
Carlos no espazo de inspiración: o castelo de Naraío
Roteiro polas localizacions dos Andrade
Carlos e Joel na foto oficial da 9ª Chanfainalab
Carlos Martínez-Peñalver na "Eira de cineastas"
Carlos e Joel na "Eira de cineastas"
Carlos preparando un plano de "Maldito espirito"
Carlos na procura dos Andrade
"Lola" e Joel Fontán
Ana Lamas e "Lola"
Carlos e Joel axustando o plano
"Lola", Ana e Joel Fontán
Joel Fontán ao pé de Naraío
Carlos Martínez-Peñalver entre vacas
Carlos e os figurantes (no centro, o chanfaineiro Anxo Pena)
"Lola", Ana e Joel Fontán nun descanso da gravación
Xuntanza de figurantes en "Maldito espírito"
Joel Fontán recibe a Lola Chanfaineira de Cruz Piñón
Joel Fontán presenta "Maldito espiritó" en representación de Carlos Martínez-Peñalver
Cineastas Chanfaineir@s da 9ª edición da Chanfainalab
Anxo, Xoel Fontán, Iago, Fran e Bieito coas súas Lolas chanfaineiras