A Rubiña, San Sadurniño, 1968
A poetisa María Teresa Pouso naceu na Rubiña en 1942. Casou en 1962 con Manuel López Lagoa e tres anos despois emigrou ao Uruguay, retornando no 1968. Xa dende nena amosou dotes artísticas no debuxo, pintura, poesía e teatro. Na escola formaba parte do grupo de teatro, participando nun gran número de obras. Nos anos mozos escolle a poesía e a pintura como medios de expresión das súas experiencias persoais e sociais. Podemos ver colaboracións artísticas de María Teresa Pouso no "Pumariño", "Saturnal".
Nesta ocasión María Teresa recita "Maldita emigración", un poema do seu libro "Cousas do corazón", ambientado no lugar onde aconteceron as primeiras vivencias da poetisa de San Sadurniño.
Na imaxe o barco "Eugenio C." no que María Teresa regresou de Montevideo no ano 1968.
Temas: emigración, muller, outros lugares, poesía, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: María Teresa Pouso López