Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Ferraría, Naraío, 2009
Lobos de Naraío é unha singular empresa especializada no adestramento e actividades caninas e xestionada polo especialista Yago Ricoy dende o 2009. Neste programa da TVG explica o seu quefacer diario e o seu amor por estes animais. Asemade mantén "A culpa non é do can", un blog especializado en educación canina.
No 2014, a cineasta Jaione Camborda realizou neste espazo a curtametraxe "Proba de axilidade" para a Chanfaina'lab 2014.