Eirixado,Naraio, 1926
En maio de 1926, en plena Ditadura de Primo de Rivera, comezou a funcionar en Naraío unha Asociación Cultural e Recreativa denominada “La Flor de Narahío”, para “instrución e recreo dos seus asociados”. Os seus promotores foron Cipriano Casal Castro, que xa figuraba na listaxe de propietarios de Naraío en 1886 e ao que se debían dar moi ben os números, pois fora síndico e interventor cos alcaldes José Yáñez Pena (1914-15), Juan Fernández Calvo (16-17), José Salgado Salgado (18-20) e José Fernández Pita (20-23). Tamén estaban na Xunta directiva Francisco García Paz, (concelleiro en 1920-1923) e Antonio Prego García. Na fotografía, a sede provisoria da Asociación na casa no Eirexado de Jesús Casal Castro, retornado da emigración cubana e futuro comerciante local Descarga a solicitude e o regulamento da sociedade.