Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

Juan Pardo de Lamas, mestre carpinteiro

Igrexafeita, Ferreira, Naraío, 1756

Case non sabemos nada da súa vida, nin sequera aparece citado no Catastro de Ensenada, mais na tese doutoramento "El arte religioso en el Arciprestazgo de Jubia" de Josefina Sánchez menciónase a existencia dun artesán carpinteiro natural de Lamas, Juan Pardo de Lamas, quen realizou varios retablos e tallas de madeira entre 1755 e 1763. O seu nome aparece acreditado en cinco obras en madeira realizadas no concello; de seguro realizaría algunhas máis das que, polo de agora, non temos constancia.
As pezas acreditadas son:
1.-Retablo Maior do Biscordel de Igrexafeita (1755). Foi retirado porque agochaba as fermosas pinturas medievais que hoxe podemos ver na Igrexa parroquial.
2. Retablo de Ánimas de Igrexafeita (1758). Os seus restos están no Museo Diocesano de Mondoñedo.
3.- Retablo de Dolores en Naraío (1759). Situada no muro este do cruceiro sur da igrexa parroquial.
4.- Retablo da Virxe do Carmo en Naraio. (1759). Situada no muro este do cruceiro norte da igrexa parroquial.
5.- Retablo Maior de San Paio de Ferreira (1756). Non quedan restos por facerse un novo retablo neoclásico no 1810.
O estilo de Juan Pardo de Lamas utiliza basicamente as claves do código artístico barroco, con columnas salomónicas, decoración con vides, pámpanos e acios de uvas con flores e follas.
Na imaxe, retablo do Carmo na Igrexa de Naraío.

  • Juan Pardo de Lamas, mestre carpinteiro

  • Retablo da Virxe dos Dolores en Naraío

  • Retablo Ánimas en Igrexafeita

  • Retablo Ánimas en Igrexafeita (2)

  • Retablo do altar maior en Igrexafeita

load

Documentos:

"El arte religioso en el Arciprestazgo de Jubia". Josefina Sánchez Cons (1)
"El arte religioso en el Arciprestazgo de Jubia". Josefina Sánchez Cons (2)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, Ferreira, Igrexafeita, igrexas parroquiais, Naraío, patrimonios, Biscordel, Escultura

Compartir en: