Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

José Couce López, alcalde

San Sadurniño, 1867

Alcalde de San Sadurniño (1867-1868)
O día 1 de xaneiro de 1867, o Gobernador Civil procedeu ao relevo bianual da corporación municipal substituindo a José Piñón . Algo mal debeu facer José Píñón pois renóvase por enteiro o pleno agás Andrés Beceiro. O propio Justo Álvarez Sierra, o político local máis experimentado daquela, entra como concelleiro. O grupo municipal estará composto por: Andrés Beceiro Lago, 1º tte alcalde (Monte); Tomás Cobelo, 2º tte alcalde (Lamas); Justo Álvarez Sierra (SS); Martín Montero, síndico (SS); Pedro Sueiras Fernández (Ferreira); José Couce Lago; Julián Martínez López (Igrexafeita); José Moure Fernández (Igrexafeita); Manuel Garrido Landrove; Cayetano Hermida Alonso (Naraío); Lorenzo Pita Fernández (Bardaos).
Os alcaldes pedáneos de barrio serán: Tomás Grandal (Ferreira); Julián Fernández (SS); Sebastián Pico Pico (Igrexafeita); Vicente González Rodríguez (Lamas); Pedro Alvariño Fernández (Naraío); Antonio Beceiro (Monte). O depositario municipal segue a ser o incombustible José María Castrillón. En maio de 1867 falece o secretario municipal Justo María López. Os plenos celébranse o mércores.

Pola información que aparece nas escuálidas actas rutinarias deste bienio, semella que a tesourería municipal está en alerta roxa, do mesmo xeito que a economía e a sociedade española van á deriva nunha crise sen precedentes e que rematará abruptamente coa revolución de 1868. Non se sabe cómo minguar o déficit municipal, pois semella que o anterior equipo non cobrou os impostos de consumos que se lle deben ao Estado. O pleno propón reducir drásticamente os gastos: supresión do posto de porteiro municipal, redución de partidas de comisións ou da reparación dos camiños veciñais. Tamén alúdese a unha colecta realizada no distrito para recadar fondos para os desastres en Filipinas e Puerto Rico, daquela provincias españolas. A poboación española neste bienio está moi farta dos impopulares consumos que gravan a subsistencia dos máis pobres, da monarquía de Isabel II, da total corrupción do partido moderado, -no poder dende fai anos- e a inexistente democracia que non permite a alternancia no goberno. Mais nada en San Sadurniño semella predecir o acontecemento histórico que estaba a piques de producirse en setembro de 1868, a revolución gloriosa encabezada por Prim e que expulsou de España á raíña Isabel II, dando comezo ao denominado Sexenio democrático.

O pleno municipal de 20 de octubre de 1868 da conta dunha comunicación da Xunta Revolucionaria da cidade de Ferrol con data 15 de outubro declarando "disuelta la corporación municipal de este pueblo" e nomeando alcalde provisoro e concelleiros a seis cidadáns respectabeis de probada solvencia: Vicente López Fernández, Justo Álvarez Sierra, José Maria Castrillón, José Couce Lago, Julián Martínez López e José Couce López.

  • José Couce López, alcalde

  • Sinaturas equipo municipal de José Couce

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, Alcaldes de San Sadurniño, San Sadurniño (Concello), xente

Compartir en: