Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1989
En 1989 o intelectual, ensaísta e pintor José Leyra Domínguez, remataba un texto mecanografado de 45 páxinas no que sintetizaba todo canto sabía sobre a historia de San Sadurniño. Dende moi neno frecuentara Sansa moitas veces, deixando o pouso da súa pegada en fermosas pinturas que reflicten admirablemente as paisaxes do noso concello. Tamén pescudou na historia local: escribiu no programa de festas de 1965 e a entrada sobre San Sadurniño na Gran Enciclopedia Galega. Lamentablemente á morte do pintor en 1997, o manuscrito ficou inédito entre as súas cousas. O seu fillo, José Manuel Leyra Faraldo, cedéunolo para ser publicado e diste xeito compartilo con toda a veciñanza por vez primeira. É un orgullo para "Fálame de San Sadurniño" dalo a coñecer aquí.
No texto debulla na relación persoal con San Sadurniño a través da familia do emigrante Antonio Couce López e Isabel Domínguez, un feito decisivo na súa vida, para despois achegarse á historia antiga e contemporánea do noso concello, con lendas, datos, anécdotas interesantes e ben curiosas.
Podes baixalo en Documentos. Ten paciencia, tarda un pouco en descargarse.
Na ilustración, retrato de Leyra Domínguez pintado por Tomás Barros. De novo agradecemos a xentileza e información aportada polo seu fillo José Manuel Leyra Faraldo, sen o cal esta entrada non tería sido posíbel .
Mais historias de Leyra Domínguez
Temas: castros, Convento do Rosario, estatísticas, igrexas parroquiais, lendas, naturezas, Naraío, patrimonios, Pazo da Marquesa, poesía, ríos, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño, visitantes, emigración
Autor/a: José Manuel Leyra Faraldo