San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
Campo da feira, San Sadurniño, 1998
Antonio Freijomil López nacera o 18 de decembro de 1906 en Ferrol. Era militar sanitario do bou armado "Virgen del Carmen" na guerra civil de 1936. Tras dun breve tempo en prisión, asentouse en San Sadurniño en 1941 como practicante. O Concello de San Sadurniño, presidido por Santiago Secada organizoulle unha sentida homenaxe en maio de 1972, solicitando ademais que lle fose concedida a Medalla do Traballo. En xullo de 1998, o alcalde Constantino Bedoya inaugurou un parque co seu nome no antigo Campo da Feira.
Antonio Freijomil López en "Nomes e voces"
Temas: lecer, naturezas, paseos, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), xente