Casal, San Sadurniño, 1930
O 5 de setembro de 1930 inaugurábase oficialmente a central teléfonica de Sadurniño nunha casa ao carón do adro do mosteiro do Rosario. O edificio fora mercado polo emigrante retornado e alcalde (1920-23) José Fernández Pita . A instalación do novo adianto tecnolóxico debeuse principalmente á Marquesa Natividad Quindós, quen pronunciou un breve discurso no acto. Tamén falaron o alcalde Faustino Loureiro Couce, o párroco e o Administrador en Galicia da Compañía telefónica Sr. Centurión. Actualmente alí ubícase a cafetería Atrium.
Na ilustración, casa orixinal, óleo de Martín Orjales de la Vega.
Temas: emigración, máquinas, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), tecnoloxía