Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Moimentos, Santa Mariña do Monte, 1929
Manuela Rodríguez fálanos das historias que escoitara de nena sobre Ignacio Martínez Anca, párroco de Santa Mariña do Monte entre os anos 1903 -1935, substituíndo a Gumersindo Ramil. Deste cura contábanse moitas cousas: non deixaba que o raposo comera as galiñas, quitáballe o gurgullo ó trigo, eliminaba os malos espíritus e predecía que non tardaría en haber unha guerra na que loitarían pais e fillos... Faleceu en Santa Mariña no Nadal de 1936. Meses antes sufrira un roubo na casa reitoral e xa tivera outro asalto en 1930. Un "anxo do ceo" enviounos o seu curioso testamento outorgado en agosto de 1920.
A revista "Pumariño" facía no número de marzo de 1980, unha breve reseña sobre este peculiar persoeiro: "Si miramos para Don Ignacio temos que dicir que hoxe non temos curas nin temos nada".
Temas: Santa Mariña do Monte, xente, labregos e labregas
Autor/a: Manuela Rodríguez Mauriz