Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 2015
“Faladas de Muller” é un documental baseado en fotografías, narracións e dramatizacións de 30 mulleres de diferentes parroquias de San Sadurniño, onde nos amosan cómo era a vida das mulleres de antes. Relatos sobre as avoas, as nais e sobre elas mesmas que nos farán reflexionar sobre a situación da muller no devalar do tempo, dende comezos do século XX ata a actualidade e o que aínda lles resta por cambiar.
O nacemento, a infancia, a mocidade, a vida de casada, o sexo e a morte, vanse tecendo nos diferentes apartados narrados polas súas protagonistas.
O traballo é froito da colaboración entre o Departamento de Igualdade e a Aula Cemit do Concello, dentro do programa “Memoria Activa”.
O día 28 de marzo do 2015, co gallo da celebración do Día Internacional de Muller, presentouse esta peza na Casa da Cultura de San Sadurniño coa asistencia de todas as mulleres protagonistas.
2015-04-07 12:37:43
Moi interesante. Paravens.
2015-04-10 22:07:48
Gracias por esta pieza y por esas voces. Me emocionó mucho.
Temas: Bardaos, cancións, cinema, coches, emigración, escola, festas e romarías, gandeiría, labregos e labregas, lecer, muller, Naraío, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte, tecidos, tecnoloxía, traballos, vídeos, xente, San Sadurniño (Concello)