Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Here"

Miguelares, Igrexafeita, 2016

3ª Chanfaina Lab (10). Estrea venres 21 de abril de 2017.
Directora: Natalia Porca
Sinopse: "As lembranzas e as historias serven para rebuscar na memoria. Aquí as lembranzas saltan de pena en pena, dende Igrexafeita ata O Forgoselo, dende unha invitación ao descubrimento ata chegar alí. É unha historia universal: camiñar"
Duración: 5' 31''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 na Pena da Meda, os Miguelares, o Curro e o Forgoselo ( Igrexafeita) dentro do programa da 3ª Chanfainalab.


Aínda que nacida en Ferrol hai 22 anos, os avós maternos de Natalia viviron en Pena da Meda (Igrexafeita). Ao rematar o Bacharelato no IES Concepción Arenal de Ferrol ingresa na Facultade de Comunicación de Santiago, onde está a rematar o Grado de Comunicación audiovisual. Escritora vocacional, cineasta ocasional e curiosa pola vida, Natalia realizou algunhas curtas na facultade, entre elas “Meus ollos firen” (2014), 4º Premio no certame CinEOI 2015 e finalista en Olloboi 2015. Participa activamente na revista cultural Compostimes e mantén "Tintas y cuerdas", un blog persoal de creación literaria e audiovisual.

Natalia achegouse á Chanfainalab do 2016 cun propósito definido: "Como a miña peza da pasada edición, "Materia prima" quedou moi persoal, propúxenme que, nesta ocasión, o protagonismo correspondera ao territorio e aos que aínda viven no lugar orixinario da miña familia, concretamente os tíos da miña nai. Pretendía gravar unha peza máis universal e coa axuda imprescindible do meu tío, visitar lugares e coñecer historias que descoñecía, como o muíño derruído da Pena da Meda e tantos penedos singulares con nomes suxestivos que abundan por Igrexafeita,(Pena dos Bois, Tres pés, Cerdeira, dos lobos, Rei Mouro ou dos Freixós), cada pena ou penedo está relacionado con historias ou lendas que nos levan ao máis remoto da historia dos homes e mulleres da parroquia. Algunhas xa desapareceron e só fican na memoria de quen as coñeceu de cativos... Para min foi unha descuberta, unha aventura que comezou nos Miguelares e nos levou ata a indómita Serra do Forgoselo. Eu limiteime a acompañar ás persoas que me levaban, coidando que o proceso resultante puidera ser interesante para todo o mundo. "

Así pois, "Here" é unha invitación a compartir unha aventura de coñecemento da man de Natalia. Unha viaxe que se presenta en tres bloques ou capítulos que nos conducen dende o /ir/ e /camiñar/ ata sentir que nos enxergamos na paisaxe no /estar/: "Tan só pretendo que o espectador sinta que fai a viaxe comigo, a través de lugares que están moi preto, -pero que a xente nova non coñecemos- para que se transforme nunha experiencia de coñecemento, como o foi para min".. Natalia segue na procura da súa propia mirada a partires de realidades inmediatas, que están case sempre fronte a nós, mais que non sentimos emocionalmente relevantes, porque só podemos amar o que coñecemos. Acompañemos a esta xovencísima cineasta no percorrido pola patria da súa infancia para descubrir a beleza agochada do noso territorio.

  • "Here"

  • Natalia presentando "Here" na Casa de Cultura de San Sadurniño

  • Natalia na foto de grupo d@s chanfaineir@s 2016

  • Natalia no Forgoselo

  • Paseando polo Forgoselo

  • Natalia (ao fondo) na estrea da Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, vídeos, visitantes, Igrexafeita, Chanfaina'Lab, megalitismo, lendas, roteiros, paseos, naturezas, Forgoselo

Autor/a: Natalia Porca

Vídeos:
"Meus ollos firen"
"Materia prima"

Compartir en: