Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

"Fútbol que fala"

San Sadurniño, 2015

En febreiro de 2015 inaugúrase na Casa do Concello de San Sadurniño a exposición "Fútbol que fala".
Unha mostra fotográfica formada por 20 imaxes realizadas polo fotógrafo Gabriel Tizón en Arxelia, Senegal, Guinea Bissau e Gambia e comentadas por 17 nenas e nenos do Club de Fútbol San Sadurniño e Aldea de Verán, co ánimo de sensibilizar e unir aos cativ@s de Galicia e África.
Os comentarios graváronse e despois uníronse ás fotografías nun audiovisual.
"As imaxes cobran unha nova dimensión chea de ricas reflexións xurdidas da inocencia infantil, capaz de reparar en pequenos detalles alleos á percepción adulta.
"Fútbol que fala" ofrece ducias de lecturas nas que o fútbol é só unha escusa, un punto de arranque para que vexamos destellos de ilusión e felicidade no medio da miseria como contrapunto da competitividade, das aínda presentes desigualdades de xénero e do artificio material no que medran as sociedades do norte".
Da web do Concello
"Fútbol que fala" móstranos todo o que nos separa e, sobre todo, o que nos une con África, tomando o deporte como fío condutor.
A mostra organizada pola Concellaría de Cultura é froito da colaboración entre Gabriel Tizón, Aula CeMIT, C. F. San Sadurniño e Departamento de Igualdade.

  • "Fútbol que fala"

  • Nenas e nenos protagonistas da iniciativa "Fútbol que fala"

  • Pantallas coa proxección do multimedia

  • Acto de inauguración da exposición

  • Jorge moi atento á foto que fala...

  • Visitantes da exposición na galería do Concello de San Sadurniño

  • Gabriel Tizón na inauguración de "Fútbol que fala"

  • Secundino García Casal e Gabriel Tizón presentan a exposición

  • A exposición combina fotografías e multimedia

  • Escoitando as "fotos faladas"

  • Cativas e cativos disfrutaron da exposición

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, fútbol , nenos e nenas, San Sadurniño (Concello), vídeos

Fotógrafo/a: Gabriel Tizón

Compartir en: