Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1889
A finais de xuño de 1889, un xove de 18 anos, José María Gabriel y Galán chegou a San Sadurniño invitado por un dos seus compañeiros de estudos na Escola de Magisterio de Madrid, Casto Blanco Cabezas. Aloxouse na casa dos pais de Casto e mestres de San Sadurniño, Alberto Blanco e Carmen Cabeza. Tamén se achegou Antonio García, fillo do pedagogo Darío García. Os tres amigos percorreron os lugares mais emblemáticos de Ferrolterra, asistiron as festas de Santa Isabel, foron agasallados polo Administrador do Marqués, Antonio López Torrens e para todos eles foron días inesquecíbeis. Durante o mes que Gabriel y Galán pasou no concello, espertou á creatividade poética. Un dos seus primeiros poemas foi "Fuente Vaquera".
Esta balada foi escrita polo poeta salmantino perto do "pozo dos donceis", nun recuncho do río Xuvia -ao carón do actual Arboreto- nos paseos pola Fraga do marqués.
No ano 2014 os creadores Juan Lesta&Belén Montero adaptaron o poema para a Chanfaila'lab co título "Balada cover"
Descarga o documento coa historia completa do poema. Tamén podes ler aquí o libro escrito por Casto Cabezas que afonda na estadía do poeta en San Sadurniño.
Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), paseos, animais, naturezas, patrimonios, lendas, ríos, visitantes, poesía
Autor/a: Manuel González Álvarez
Vídeos:
"Balada cover"