Eirixado, Naraío, 1903
A milagreira fonte de San Roque foi costeada e doada á parroquia por unha veciña entre os anos 1903 e 1905; É unha fonte de cantería, de grande sinxeleza, rodeada dunha espesa vexetación. Composta por unha pila de pedra rústica, anteriormente nomeada como a santa patrona da freguesía, Santa María de Naraío. Despois colocouse unha fornela en forma de vieira que alberga a San Roque , (ao que lle falta o can Melampo). Moi preto atópanse a igrexa parroquial de Naraío e un cruceiro
O son relaxante da auga na fermosa fonte de Naraío en xullo do 2013. , s.
Temas: Naraío, naturezas, paseos, patrimonios, sons, fontes
Autor/a: Carmen Suárez Nieto
Fotógrafo/a: Carmen Suárez