Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Campo da feira, San Sadurniño, 2015
Tania Couce é unha muller emprendedora que tomou o risco de instalar o seu negocio nun pequeno núcleo rural como San Sadurniño. No ano 2015 abriu as súas portas a tenda de flores, regalos e complementos "La Feria" fronte a Capela de Belén. A iniciativa de Tania Couce acougou no edificio que albergara a Casa Germán, revitalizando en parte o antigo campo da feira, un espazo mítico da memoria colectiva de San Sadurniño e referencia comercial nos séculos XIX e boa parte do XX.
Ela mesma nos fala dos inicios e do que ofrece á súa clientela:
Podes consultar o seu Facebook Flores Regalos & Complementos La Feria.
Temas: emprendedor@s, empresas de servizos, muller, San Sadurniño (parroquia), traballos
Autor/a: Tania Couce