Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Flipacan" e "Españolizer-pro"

Silvalonga, San Sadurniño, 2016

3ª Chanfaina'Lab (8). Estrea venres, 7 de abril do 2017
Director@s: Concienciarte: David Anca, Miguel Sanjurjo e Patricia Lamas
Actores: Iván Sanjurjo e David Anca
Sinopse: "Dous spots satíricos, o primeiro sobre o que está a pasar coa liberdade de expresión en España e un anuncio humorístico para "animar" aos animais de compaña.".
Duración: 1'42”
Gravados nos días 5 e 6 de setembro do 2016 dentro do programa da 3º Chanfaina' Lab.


Concienciarte é unha Asociación Cultural nada no 2013 en San Sadurniño. A sede social está ubicada no local da antiga escola de Silvalonga. Os seus obxectivos como asociación son -sobre todo- a divulgación e concienciación no entorno local de novas alternativas e xeitos de vida. Tamén apostan por un mundo máis xusto e equilibrado: enerxías libres, alimentación consciente, saúde e plantas medicinais, a música e o creativo como instrumentos de sanación. Neste último ano realizaron numerosas actividades como obradoiros de teatro, canto e radio entre outros. Asemade, unha das súas teimas- xunto coa música- é a produción de filmes humorísticos, que difunden a través da súa canle ConcienciaTV. Nos seus vídeos tentan poñerlle retranca a todo, nomeadamente á algúns dos valores dominantes na sociedade contemporánea, como se pon de manifesto na peza producida na anterior edición da Chanfainalab ""O meigo mouro do repetidor".

Para esta edición da Chanfainalab, o colectivo cultural tiña o proxecto de producir integramente un videoclip sobre dunha composición musical propia e de feito comezaron a gravación na Casa da Xuventude de San Sadurniño, mais non tiveron tempo para a posprodución final da canción na que se basea o clip: "Como queríamos participar na Chanfaina, fixémolo ao noso xeito, como traballamos nos, démoslle unhas voltas á cabeza segundo o que vai indo e vindo e... dun día para outro, decidimos gravar estes dous spots producidos sen metodoloxía algunha; as ideas van e veñen entre nos, as veces David propón a idea base e logo gravamos sen un sistema organizativo definido. Facémolo todo moi improvisado, porque só somos afeccionados. Mais aí está a nosa achega con dous pequenos clips: un adicado a Lei Mordaza e outro é unha vella idea que tiñamos, practicamente dende que estudabamos no Instituto"..

"Flipacan" e "Españolizer-pro" invítannos a pasar un par de minutos divertidos co humor retranqueiro e iconoclasta deste grupo de cineastas afeccionados locais: "Nos pretendemos facer rir á xente , mais, ao tempo, que reflexione sobre o mundo no que vivimos; as pezas son satíricas mais que humorísticas, na procura da inquietude e mesmo a incomodidade no espectador". Así pois, cando estamos a piques de chegar ao ecuador da programación da 3º Chanfainalab, invitámosvos tamén a uns minutiños de publicidade, mais non se vaian, porque estes anuncios teñen moito que contar.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Flipacan" e "Españolizer-pro"

  • Miguel Sanjurjo na Chanfainalab

  • Patricia Lamas na chanfainalab

  • David Anca na chanfaina Lab

  • Na gravación na casa de xuventude

  • Miguel presentando "Españolizer-pro"

  • Patricia e Miguel entre o público asistente á estrea da 3ª Chanfaina Lab

  • Patricia e Miguel cos chanfaineir@s 2016

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, asociacións actuais, vídeos, creador@s

Autor/a: "Asociación ConcienciArte"

Vídeos:
Así va el pais
O meigo mouro do repetidor

Compartir en: