Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Fin da Guerra civil

Cartagena, 1939

Ao fin, o 1 de abril de 1939, a vitoria do exército sublevado, baixo o mando do Xeneral Franco pon fin a sanguenta Guerra Civil Española. É de supoñer que tamén en San Sadurniño festexouse con alivio a pesares dos case corenta veciños que faleceron nos combates por España adiante.
Os mais desafortunados foron Juan Martínez González (Monte), Angel Lamas Buyo e Angel Prieto Naveiras (de Igrexafeita) que ían no barco “Castillo de Olite”. Tan só faltaban 20 días para o remate da guerra. O 7 de marzo de 1939 unha explosión destrozou por enteiro o buque mercante fronte a Cartaxena, provocando a morte de 1 500 soldados case todos galegos. Foi a meirande traxedia naval da Mariña española.
Chega o tempo da difícil posguerra para os vencidos, mais tamén para os vencedores nos anos da fame, medo e miseria colectiva. Coincidindo co final da Guerra Civil, a corporación municipal presidida polo alcalde Segundo Yañez no pleno celebrado o 1 de xuño de 1939 decide "nombrar alcalde honorario de San Saturnino al Excmo Sr Francisco Franco, Jefe Supremo del estado y Generalísimo de los ejércitos, con grandes dotes de estrategia universalmente reconocidos se hace acreedor de la gratitud de los espíritus que siempre en lo más profundo de su alma tienen el sentimiento sublime del amor a la patria".
O lector interesado pode descargar en documentos a listaxe provisoria dos reclutas de San Sadurniño mortos en combate na Guerra civil.
Se algún lector coñece mais nomes de veciños mortos en combate, agradeceríamos que nos enviara un correo electrónico coa información.
Na fotografia, soldados galegos na cuberta do "Castillo de Olite" antes da explosión.

  • Fin da Guerra civil

  • Barco "castillo de Olite"

  • Florentino Rodríguez, (Igrexafeita, 1909), morto no Hospital Villarcayo, (Burgos) o 2 de agosto de 1937

load

Documentos:

Listaxe provisoria de mortos en combate na Guerra Civil española

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, guerra, Igrexafeita, Santa Mariña do Monte, xente, outros lugares

Vídeos:
Afundimento do "Castillo de Olite"

Compartir en: