O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
San Sadurniño, 1912
O 26 de maio de 1912 un grupo de rapaces da comarca de Ferrol acompañados polos seus mestres realizaron un encontro de nenos e nenas de 13 escolas de San Sadurniño e do seu entorno. O Concello presidido por Pelayo Casal recibiunos no Concello e agasallounos con chocolate e galletas -cun gasto de 50 ptas-. Almorzaron nos xardíns do Pazo, función teatral, música, deporte....Descarga o documento coa crónica minuciosa do acto, que acredita a existencia de mestres comprometidos co ensino de calidade a comezos do século XX en San Sadurniño:
Temas: escola, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello), visitantes, teatro
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño