O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,
Santa Mariña do Monte, 1998
A Asociación Cultural Recreativa de Santa Mariña do Monte nacera en maio do 1998. Dispuña dun novo local social, nas antigas escolas da parroquia. A Xunta Directiva, integrada por José Antonio Calvo Cribeiro, Monserrat Fernández Graña, (Secretaria); Orestes Blanco Varela; Hipólito Díaz Silva; Pilar Rodríguez Vergara e Amparo Calvo González, tentou crear unha festa singular "panteísta", na que se mesturaban as vellas crenzas precristiáns. Denominouse "Santo Lourido", ainda que logo correu por "San Loureiro". O Santo representábase cunha figura feita con follas de loureiro que percorría a parroquia en sagrada procesión. Pola tarde noite facíase unha cea-baile con actuacións musicais. A primeira festa celebrouse o sábado 17 de outubro de 1998 e séguese a celebrar na actualidade.
Agradeceríamos moito que alguén nos enviara algunha fotografía da procesión desta festa singular.
Temas: eventos, festas e romarías, lecer, naturezas, Santa Mariña do Monte
Autor/a: Fálame