Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1911
En 1911 os Marqueses chegan mais cedo do acostumado para pasar o verán na súa particular “vila da tranquilidade”. Traen a intención de arranxar o pazo porque agardan unha nova visita do rei Alfonso XIII cando se achegue a Ferrol para presidir a botadura do acorazado “España”. Adicarán parte do verán a mercar mobiliario luxoso e "sorprender" ao monarca con nova decoración. Mais logo aprazouse a botadura ata febreiro de 1912 e o rei non virá ao Pazo desta vez.
Mais arredor de 1911, nos xardíns do Pazo comezará un rito que se repetirá durante todos os veráns ata a chegada da segunda República . Natividad Quindós organiza –coincidindo coa súa onomástica, o 8 de setembro- unha festa á que se invitaba aos nenos e nenas do concello. Estes asistían a festa con vales que conseguían asistindo ás clases de catecismo durante o ano. No día sinalado, os nenos intercambiaban os vales de catecismo por xoguetes nunha especie de mercadillo de xoguetes. Deixemos que no lo conte o xornalista León Boy na revista “La moda elegante”:
"Los parques espléndidos del palacio de San Saturnino viéronse ungidos por las risas ingenuas y el alegre corretear de los pequeñuelos, que en la posesión ducal se consideraban felices. El patio de columnas del palacio fué como el salón para el reparto de juguetes, y cada una de las damas que asistían á la fiesta, deliciosa, pintoresca y admirable, apadrinaba á un niño ó una niña de la aldea. Entre los regalos abundantísimos con que las pobres criaturas fueron obsequiadas, claro es que había muchos juguetes. ¡Cómo no, tratándose de fiesta de niños!... Pero para que á lo agradable se uniese también lo útil los Duques regalaron trajes enteros, confeccionados por señoritas distinguidas... Y para que nada faltase y todo fuese grato, á cada niño y niña le fué entregado, como recuerdo especial de la fiesta, una bolsita con dulces y una banderita española.¡Muy bien, Síes. Duques de la Conquista! Todos, Cada uno desde su sitio, podemos hacer patria (que puede deshacerse, lo estamos lamentando á diario). Y ustedes la han hecho en esa encantadora fiesta infantil.¡Ah, la bella banderita de España!... El mejor regalo"
Na fotografía, Natividad Quindós, duquesa de la Conquista en 1911 (Revista "Nuevo Mundo")
Temas: nenos e nenas, San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa
Autor/a: Manuel González Álvarez