O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
Igrexafeita, 1916
Entre as actividades promovidas polas autoridades educativas nas primeiras décadas do século XX, unha das máis populares foi a organización da "Fiesta del árbol" en todas as escolas de España.
A finais de febreiro de 1916, o mestre de Igrexafeita, Antonio Casado Ferreiro, organizou esta festa na parroquia, para que os nenos e nenas das escolas do Concello viviran un día festivo plantando árbores. O concello fíxose cargo dos gastos de transporte de nenos e nenas en carros ata a Escola de Igrexafeita que aparecía profusamente decorada. Ao acto asistiu o alcalde daquela Juan Fernández Calvo, nun dos seus primeiros actos como alcalde, acompañado por outros concelleiros e autoridades municipais.
Ao evento acudiron case todos os nenos e nenas do concello: as escolas de San Sadurniño cos seus mestres María Concepción González e Lázaro Blanco; de Lamas con Arsenio Barreiro; Naraío con Cesar Sagastume e dende Ferreira con Francisca Vitini
Como recolle a nova publicada no Correo Gallego (que podes descargar en documentos), no acto de reivindicación da árbore disertaron varios profesores, ademais dalgún labrego como Manuel Vigo "lo que hizo en dialecto gallego". Despois, nenos e nenas plantaron as árbores en número de oitenta. Para finalizar a festa, os asistentes foron agasallados con "jerez, gallegas e café" e un animado baile.