Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

"Eu, a escola"

Monte, 2024

8ª Chanfaina Lab (18). Estrea: venres 26 de abril do 2024
Adaptación, dirección, fotografía e montaxe: Fran da Lobeira
Voz en off: Fina Fernández Couce
Guión orixinal e investigación: Amparo Calvo González
Efectos de son: freesound.org, www.rtve.es e www.youtube.es
Música: “Grande Tarantelle (1872) de L. M. Gottschalk - Arranxo para cordas” e “The jazz singer”
Sinopse: "A escola da parroquia de Monte, personificada nunha voz de muller (Fina Fernández Couce), cóntanos o devalar da súa existencia dende finais do século XIX, até finais do século XX, en referencia a outros feitos acontecidos no Concello."
Duración: 8´8"
Gravado na parroquia de Monte. Localizacións segundo orde de aparición: A Lobeira, Ardaríz, Castrelo, A Golpilleira, Sabanda, A Esperanza. Tamén na parroquia de San Sadurniño, Salón Tampico e o Colexio Público, dentro do programa da 8ª Chanfainalab


Fran da Lobeira, nado en Ferrol, máis nedense de pacemento e San Sadurniñense de adopción e corazón, é creador e produtor audiovisual nas súas canles en redes sociais, “comunity mángaller” amateur, presidente do Obradoiro Dixital Galego (unha asociación de creadoras de contido en galego e en liña) e cineasta afeccionado. Actualmente, ademais das súas canles poden verse os seus comezos na páxina do Chanfaina Lab e algún que outro vídeo nas canles de Youtubeiras ou do Consello da Cultura Galega. As súas pezas realizadas para a Chanfaina dan boa proba do seu talento e evolución ao longo do tempo: "Quixera" (2015), "Sentimentos" (2016) , "O enxerto, a bicicleta e o helicóptero" (2017), “Fíxose a luz” (2018) e “Trae” (2019)

Fran da Lobeira é un tipo ecléctico, polifacético, hiperactivo e xeneroso, que o mesmo leva as redes sociais da Chanfainalab, que colabora con todos os cineastas que o solicitan, como fixo este ano con Vellamorta de Juan Galiñanes ou "Na procura da nosa deusa Nabia" de Ignacio Vilar. Fran é unha especie de home orquestra absolutamente imprescindíbel para todo o colectivo de cineastas chanfaineiros, de xeito que grava a curta cando pode: "A idea da peza veu por un traballo de recompilación sobre as escolas que realizou Amparo Calvo dende o ano 2022. Adicouse a investigar entre a xente da parroquia sobre as escolas, onde estaban, quen eran as mestras e centrouse especialmente nas escolas de nenas. A idea de darlle unha volta e que a escola contara a súa historia, veu de ver como as alumnas contaban a súa, nunha xuntanza que se celebrou en outubro do 2023 e unha conversa posterior coa miña produtora particular, Lucía da Lobeira. As maiores dificultades do proceso foron que durante o Chanfaina fixen as veces de director de foto e operador de cámara do Ignacio Vilar, así que tiven que pospoñer a realización da miña peza".

"Eu, a escola" é unha dinámica viaxe polas escolas de Monte cunha narración áxil e humorística que amosa os diferentes espazos que habitou esta necesaria institución dende o século XIX; a historia itinerante do ensino na parroquia de Santa Mariña do Monte e tamén a o propio concello. Fran engádelle ese toque lobeirés, cun punto acelerado e retranqueiro que bebe nas novas narrativas e caracteriza boa parte das súas curtas: "Como cada vez que fago unha peza, vou tecendo capas e capas de cousas e ao mesmo tempo vou atopando erros cometidos, algúns teñen solución e outros non. Estou moi contento co resultado deste “documental sprint” que as espectadoras terán que ver máis de unha vez para poder atopar todas as referencias á parroquia e ao Concello. O espectador poderá comprobar que non só se trata das escolas de Monte, senón de moito máis acontecido no Concello. Desta volta, o resultado superou con creces a idea e intención inicial que tiña, e todo grazas á miña sempre inspiradora crítica particular, Lucía. Non se me ocorren referencias, mais se tivese que elixir algunha, coido que salvando moito as distancias, tentei emular ao Mestre Antón Caeiro no seu documental "Eu tamén necesito amar". Coido que o que tentaba transmitir, que era unha historia da miña parroquia no Chanfainalab, con esta peza, conseguino". En definitiva, unha proba máis do talento e o amor pola parroquia de adopción deste "creador de contidos" xa imprescindible. A veciñanza de Monte segue a agardar novo filmes de Fran da Lobeira e na cociña da Chanfainalab sentímonos orgullosos do seu traballo non só pola súa produción incesante, senón tamén polo seu compromiso en participar e crear comunidade porque Fran é da estirpe dos bos e xenerosos.
Fotografías de César Galdo.

  • "Eu, a escola"

  • Fran e Araceli guiando cos cineastas da 8º Chanfainalab

  • Fran de parrafeo con Felix Brixel

  • Fran, Vitucho e o outro Fran (Cela)

  • Fran da lobeira na foto da plantación da árbore conmemorativa da 8º chanfainalab

  • Fran da Lobeira de excursión pola xeoloxía do Forgoselo

  • Fran atendendo ás explicacions do xeólogo Fran Canosa

  • Fran da Lobeira na foto oficial da 8º Chanfainalab

  • Fran e Maruxa na exposición da Chanfainalab

  • Fran da Lobeira na "Eira de cineastas"

  • Fran na "eira de cineastas" da 8º Chanfainalab

  • Fran, director de fotografía" de "Na procura da deusa Nabia" de Ignacio Vilar

  • Adriana, Fran, Cristina e Soraya Yáñez

  • Fran da Lobeira e a Lola Chanfaineira

  • Proxección da gala da 8º Chanfainalab

  • Fran da Lobeira e cineastas da 8º chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: creador@s, escola, nenos e nenas, Santa Mariña do Monte, vídeos

Autor/a: Fran Bermúdez

Compartir en: