Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
San Sadurniño, 2012
Os "Espazos das familias" é unha iniciativa do programa de Educación Familiar do Concello de San Sadurniño, dirixida ás familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos.
O obxectivo desta actividade é apoiar ás familias na educación dos seus fillos e fillas ofrecendo un espazo de relación e xogo onde poidan profundizar no desenvolvemento dos mais pequenos e pequenas. Durante as sesións hai un tempo para as cancións, os contos, a elaboración de xogos con material de refugallo e para reflexionar sobr cuestións educativas.
Pilar Calvo, educadora familiar do Concello, e nais e pais participantes da iniciativa fálannos dos "Espazos das familias".
Temas: escola, familias, lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello)
Autor/a: Pilar Calvo Pico